As nosas senior seguen sorprendéndonos, tres victorias de tres partidos na segunda volta. Na primeira parte sumaron dez puntos e tan só en tres partidos da segunda volta xa levan nove.
Na matinal do domingo visitounos o Sporting Club San Mateo, no partido de ida o resultado foi moi abultado para as laranxas da vila de Ponteareas e máis alá do resultado, a sensación de superioridade facía que a priori este partido fora máis competido, dada a progresión das nosas, pero moi complicado.
A saida das nosas foi en tromba, presión a campo completo e a correr… xa na primeira xogada Sabela gana as costas da defensa, desfaise da porteira e o seu disparo vaise incomprensíblemente fora…
O San Mateo estaba moi incómodo sobre o terreo de xogo. Ainara, que festexaba o seu aniversario e Aldarita non daban opcións e Sabela Meno, Zaira e Patricia creaban perigo constantemente na porta da porteira do San Mateo que mostrábase moi nerviosa.
Nunha falta directa o fío da media hora, Zaira marcaba de potente disparo. A sorpresa saltaba no Monte da Aira e as nosas, lonxe de porse nerviosas seguían a maniatar ás súas rivais e buscando ampliar a vantaxa…
Chegouse ó descanso e a incertidumbre máis grande era si as Rosalías serían quen de aguantar físicamente o alto ritmo do partido, xa que durante a primeira parte víronse os que quizáis foran os mellores 45 minutos de fútbol de toda a tempada.
No tempo de lecer o estuche da bodega Ponte da Boga foi a parar á nai de Sabela Meno. Antía e Candela Losada, do Rosalía “B” exerceron de azafatas e mans inocentes.
Comezaba a segunda parte e o San Mateo co cambio de posición de Linda Riveiro, avanzándoa a posicións da medular, gañaba en presencia na nosa área. Ademáis comezaron a xogar máis físicamente e directo e nun par de córners crearon perigo sobre a portería de Rocío que unha vez máis mostrouse moi segura baixo os tres paus.
No minuto 78 e cando máis estábamos a sufrir, un novo libre directo transformado por Zaira e moi celebrado por toda a familia azul, como non podía ser de outra maneira, deixaba o partido visto para sentencia. Si ben é certo que o San Mateo tentouno a desesperada con defensa de tres, pero o gol en contra supúxolles un duro mazazo e o partido partido púxose moi de cara para as Rosalías que o dominarían ata o final.
A próxima semana visitamos Ponte Caldelas, un clube que nos goleou no Monte da Aira na primeira volta e que está pelexando por nós a oitava praza. Pase o que pase nese desprazamento e en tódolos partidos que restan ata final do campionato, nada poderá quitarnos a sensación do bo traballo e a enorme progresión que están a realizar as nosas senior. Gracias rapazas e a seguir así!!!