Liga Promesas: O líder visitou o Monte da Aira

O equipo Promesas segue terceiro tras caer derrotado co Mos nun partido que non tivo ningunha opción de vitoria.

Estas foron as 12 elexidas por Feijóo para recibir ao Mos.

Gran nivel o que mostrou o líder no oitavo partido da primeira fase ante o Promesas do Rosalía. O conxunto dirixido por María Feijóo perdeu ante o Mos, segue terceiro na clasificación e non dependerá de si mesmo nos tres partidos restantes para disputar a Fase Final de Liga Promesas Feminina (o próximo fin de semana a domicilio contra o Arousana intentará aumentar suas opcións).

Descoñecidas, é foi a impresión dos afeccionados azuis ao ver o xogo despregado polas pequenas rosalías na matinal do sábado. En ningún momento despregaron o seu estilo de xogo e sempre se viron superadas polas moenses. “Levan varios partidos donde non se sinten cómodas e donde o xogo non é o que nos identificou na ida. Foron completamente superiores, elas teñen unha gran plantilla, intentamos facer frente pero o nivel non da para máis”, sinalou Feijóo ao remate. A UD Mos mostrouse moi superior en todo o encontro e apenas lles crearon perigo as dianteiras azuis, que tantos problemas provocaron na primera volta.

Clave será a visita a Vilagarcía da próxima semana. Un partido que decidirá definitivamente si o equipo dirixido por María Feijóo xa se despide da poción de clasificarse á que sería a súa segunda participación na fase final de Liga Promesas. A adestradora teno claro: “Agora cambiamos o chip, quitámonos da cabeza a idea de meternos na loita polo título de liga, que eu creo que iso tamén non nos beneficiaba. Centrarémonos en seguir formando xogadoras e que disfruten destes últimos partidos”.

Formación, é a palabra que define esta categoría do fútbol feminino galego e con ese obxectivo saen cada fin de semana as máis pequenas a competir.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Ir o contido