4-0: O Infantil consigue o pase á final a catro

Impresionante tempada a que está a disputar a EFF Rosalía Infantil que ca vitoria o domingo no Monte da Aira fronte ao Atlético Arousana firmaron o pase para a final a catro da liga.

Convocatoria da EFF Rosalía o pasado domingo.

A pesar do abultado do resultado final non foi nada doado levarse os tres puntos ante un rival moi peleón e aguerrido como son as amarelas do Arousana. Comezou disputadísimo o encontro e si ben é certo que as nosas facíanse ca posesión do balón e o dominio posicional, o Arousana trataba de sair á contra con perigo e non permitía unha circulación fluida do balón no seu campo.

No minuto 10 de partido Ester aprobeita un rexeite no frontal da área para de tiro raso e cruzado abrir o marcador. Este gol deu tranquilidade as pontinas e comezaban a mover mellor o balón tras adiantarse. Pola sua banda, as xogadoras de Carla Falcón aumentaron a presión e vivíronse os momentos máis igualados do encontro pero sen reflectir no marcador.

Á volta do tempo de descanso, Abadín e Feijóo axustaron as pezas e fixeronse co mando do partido. Nerea (43′), nunha acción desgraciada da defensa visitante, aproveita o rexeite para superar a Uxía e superala con tiro cruzado. Xarro de auga fría para as arousáns, que tan só crearían unha opción de perigo nunha falta na frontal que Valeria detén en dous tempos sen problema. En cambio, Sara Rodríguez e Cuquejo, coa axuda de Bonjoch fixéronse donas do centro e as ocasións sucedíanse na portería defendida por Uxía.

Sentencia de Claudia e Ester
O terceiro, protagonista novamente Nerea, que aproveita un pase ás costas da defensa para encarar a Uxía, o seu tiro cruzado pega no poste e o rexeite márcao Claudia a porta valeira. Once minutos máis tarde, co equipo envorcado en ataque obtén recompénsaa a sete minutos do final. Ester, define unha boa xogada filtraba entre as centrais amarelas, catro a cero.

Traballada vitoria coa recompensa de conseguir matemáticamente o pase á Fase Final a falta de dúas xornadas por disputarse. Fase que se disputará en formato Final Four e que xa ten decididas tres das catro participantes, ao estar xa clasificadas Rosalía, Umia e Orzán e restar por decidir o segundo mellor dos tres grupos, con cinco candidatas que aínda teñen posibilidade de logralo: Victoria CF “D”, Lóstrego, Xuventude de Crendes, Vitoria FC e Mos.

Vane Abadín, que sustituía a Alba Rodríguez neste encontro, analizaba a vitoria ao remate: “Foi un partido intenso no que ambos conxuntos competimos con gañas. A diferencia foi que aproveitamos ben as nosas ocasións de gol. Era importante conseguir estes 3 puntos para deixar pechado o pase á siguiente fase sen ter que xogar o pase en Coruña. Estou moi leda co resultado e máis vendo a piña que forma o equipo tanto dentro como fora do campo”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content