Liga Promesas: Penultima xornada do ano para as máis pequenas

Á marxe da nova xornada na 2ª División Autonómica Feminina e na Liga Infantil, os nosos equipos da Liga Promesas Femenina Galega tamén teñen compromisos esta fin de semana, penúltima xornada do ano 2019 para os dous representantes da EFF Rosalía.

A xornada xogarase completamente en domingo, ás 8:45 partirá a expedición con todas as promesas nun mesmo autobús que viaxará primeiro o campo da Gándara de Valladares, en donde as nosas promesas “B” xogan un “derbi azul” por todo o baixo cas nosas amigas do CD Valladares. Ambos equipos chegan con cero puntos, inda que eso non lle importa nin ao clube olívico, nin por suposto a nós… as nosas xóvenes xogadoras na súa primeira tempada de contacto co deporte do balompé o que teñen que facer é o que están a facer, traballar, coller confianza e mellorar día a día e adestramento a adestramento, para poder progresar dentro da nosa escola. As nosas amigas azuis do Valladares están en restructuración despois da creación do equipo infantil e unha das dúas escuadras inaugurará o seu casilleiro de puntos. Sorte pequenas e pasadeo xenial!!!

A segunda cita da xornada dominical é a do promesas “A” que viaxa ata Salvaterra para visitalo equipo laranxa do Sporting Club San Mateo, un equipo que ao igual que o noso promesas “A” tivo un crecemento futbolístico espectacular dende a tempada pasada. Antóxase un apaixoante e importante partido para as nosas que queren seguir enganchadas á parte alta da competición competindo ca UD Mos e co Atlético Arousana “A”. Pola súa banda o San Mateo tratará de sumar para non perder de vista os catro primeiros postos. Seguro que se verá un partidazo… a disfrutalo!!!

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Ir o contido