A EFF Rosalía recibe ao segundo clasificado na derradeira xornada do ano (12:00h, sábado, Monte da Aira).
O último partido do ano arrinca cun duelo entre a EFF Rosalía infantil e o Victoria FC de Santiago, correspondente á 7ª xornada de Liga (12:00 h, Monte da Aira). As Azuis buscarán a súa terceira vitoria no Monte da Aira ante un rival que vén de gañar todos os seus partidos. “Sen dúbida o Victoria de Santiago é un dos favoritos para loitar polo primeiro posto desta Liga, con xogadoras de moito potencial individual e colectivo”, añadiu Alba na previa. Á vez que puntualizou “Nós tentaremos competirlles e ir como cada fin de semana a gañar o partido. Somos conscientes das diferenzas en idade, xa que competimos con 7 alevíns, pero de momento o estamos facendo, así que iremos a por todas este sábado”.
O conxunto dirixido por Alba Rodríguez, que no anterior encontro na casa gañou 5-0 á Milagrosa, enfróntase mañá ao segundo clasificado e terceiro equipo máis goleador da Liga Galega Infantil Feminina Pizza Movil (28). A técnica ourensá convocou a 16 futbolistas para este encontro.
Convocatoria:
Porteira: Valeria.
Defensas: Laura Añón, Lucía Pérez, Silvia e Marta Montes.
Centrocampistas: Cuquejo, Nair, Daniela, Candela Bouzas, Ester, Lidia e Aldarita.
Dianteiras: Sara Rodríguez, Claudia Pérez, Cloe e Nerea.
Rival
O Victoria FC está a asinar unha boa tempada na que cultivou seis vitorias, polo que é un dos equipos invictos na competición. En canto aos seus números fóra de casa, o rival das azuis sumou os 9 puntos que disputou a domicilio cun balance de 14 goles a favor e tan só un en contra.
Será a segunda vez que se enfrenten en categoría infantil os dous equipos, xa que ambos equipos se disputaron o pase á final da pasada Copa Gallaecia con victoria da EFF Rosalía os penaltis despois de empatar 2-2, pero tamén en categorías inferiores se enfrentaron moitas das xogadoras que se verán as caras mañá no Monte da Aira, xa que disputaron a pasada final da 1ª Liga Promesas, donde gañaron as santiaguesas a penaltis despois do 1-1 no tempo regulamentado.
Día solidario
O partido formará parte da campaña solidaria “Operación Quilo 2019 – Por un Nadal coma na casa”, na que están invitados todos os asistentes a colaborar coa donación dun quilo (ou máis) de productos non perecedeiros, tipo conservas, aceite, alimentos infantís, legumes ou xoguetes.
Haberá para tal efecto un lugar de recollida das instalacións do Monte da Aira.