As Promesas voltan ao Monte da Aira con dous enfrontamentos na tarde do sábado que se presentan en teoría bastante igualados.
A EFF Rosalía “A” recibe a un incómodo Atlético Arousana “B” con moi boas xóvenes xogadoras e que nun futuro darán moito que falar na competición. As de Juanma Bello continúan cunha moi boa racha sobre todo a nivel defensivo con só 0,5 goles encaixados por partido, unha moi boa cifra para un equipo de fútbol 8.
As peques da EFF Rosalía “B” reciben a un Tomiño que mellorou un montón ao longo da tempada e que está na pelexa por meterse entre os 8 primeiros xunto co Cambados e o SPC San Mateo. As nosas co subidón de autoconfianza que resulta da primeira victoria da tempada conseguida o pasado sábado en San Mateo, pero tiveron bastantes problemas de saude nas xogadoras da plantilla ao longo da semana e é seria duda a participación de Carballo.