CANAL: “A ver se podemos ganar os próximos 12 puntos”

“Ao haber un parón e festivos adestrase menos, as rapazas veñen cansadas das festas e non é o mesmo. Xogando o partido vaise notar que están máis cansadas e facer dous adestramentos a semana e non facer ningún en vinte días, nótase”, dixo o técnico

Iván Canal atendeu aos medios de comunicación na sede da EFF Rosalía antes do último adestramento previo ao partido correspondente á 21ª xornada de Liga (domingo, 12:00 h, Monte da Aira). O técnico dixo: “ Foi un paro bastante longo porque cando se para dúas semanas ou tres nótase moito no ritmo de xogo e a competición. Ao parar tantos días o equipo non está ao mesmo ritmo”.

Resumo da ronda de prensa de Iván Canal

“É un partido que a priori temos que gañar porque en principio é sinxelo pero iso non quere dicir que o Pontecaldelas estea facendo mala tempada, seguramente, dentro das súas posibilidades non estea facendo mala tempada, as rapazas seguramente estean aprendendo, mellorando, desfrutando do fútbol e aínda que estean abaixo non quere dicir que estean facendo mala tempada”.

Últimos resultados
“Estanos custando un pouco polas baixas, aínda que a min non me gusta por escusas. No anterior partido Feijóo lesionouse no quencemento e tampouco puido xogar e parece que en defensa, nese sentido, estamos moi mermadas. Temos que seguir loitando, se conseguimos gañar este partido conseguiremos máis puntos que o ano pasado, unha cousa secundaria pero é a ter en conta para ver que o equipo ano tras ano está mellorando na competición”.

Próximos partidos
“Voulle plantexar as rapazas no adestramento a ver se podemos gañar tres partidos seguidos, este, o seguinte e contra o Vilariño, conseguir 12 puntos e chegar preto dos 40 e volvernos enganchar cos de arriba e na recta final, que xogamos contra Umia, Noalla, equipos que van a estar arriba e podemos engancharnos outra vez no quinto posto”.

Lesionadas
“En principio non recuperamos a ninguén, ademais hai xogadoras con exames. Patricia, na anterior xornada non a convoquei porque estaba con exames a demais de pedirmo ela e isto hai que respectalo, o mais importante son os estudos. Feijóo segue recuperándose do nocello e as que estaban tocadas non se van a recuperar e haber se temos sorte de aquí ao final da tempada e non temos mais baixas”.

Minutos as menos habituais
“Teño que aproveitar estes partidos para que as xogadoras que menos xogaron disputen mais minutos porque eu quero que ao final todas disputen minutos e estean contentas, é a miña intención. As veces se pode conseguir e a veces non por moitos motivos pero a miña intención é esa, que xoguen un pouco mais as xogadoras que menos minutos disputaron nestes partidos”.

Baixa de Juanma
“Juanma atopou traballo fora de Ourense, alégrome por el e estou triste porque é un rapaz estupendo, axudoume moito. Non está influíndo a súa marcha porque estou eu pero quitábame moito traballo e me axudaba moito, Si el seguise moito mellor pero ao non estar falta unha peza no staff técnico e a ver se para o ano pode voltar”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content