Lóstrego-Rosalía: Exprimindo as posibilidades de poder alcanzar a clasificación á Fase Final.

As de Feijóo, que marchan terceiras, non dependen de si mesmas para pasar de rolda.

Choque importante para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Promesas, que visita mañá ao Lóstrego C.F. (12:30 h, Chaín) no encontro correspondente á oitava xornada da segunda fase da competición. As de Feijóo, que son terceiras, teñen complicada asegurar a súa participación na Fase Final. No caso de que as azuis sumen os tres puntos, achegaríase aos postos de “honra” si o partido entre o Arousana e o Mos termina con vitoria das visitantes. Deste xeito, cambiarían as opcións de poder lograr unha difícil clasificación, ao depender delas mesmas si lograsen a vitoria ante as arousanas na seguinte xornada.

O Promesas azul chega a esta cita tras perder a pasada xornada ante o Mos, líder deste subgrupo. Para lograr o billete á seguinte rolda, o Promesas deberá gañar os tres partidos restantes facendo gala da súa forza ofensiva, xa que é o segundo equipo máis goleador da súa Liga (30 tantos).

Lóstrego
O rival do Promesas é cuarto pero xa non ten opcións de clasificarse para a seguinte fase. De feito, o Lóstrego está callando boas actuacións no seu campo e encadena dous partidos invicto como local. O último precedente entre ambos equipos o pasado 1 de maio acabou con vitoria local no Monte da Aira.

Rocío, Noa, Feijóo, Silvia, Aldarita, Sabela e Lidia compartiron adestramento coas promesas.

Semana especial
Adestramento sorpresa o pasado martes para as integrantes do equipo Promesas. Con motivo de darlles ánimos para o que resta de competición, varias integrantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Senior compartiron adestramento e partidillo coas máis pequenas. Unha sorpresa en grao sumo exitante para unhas xogadoras que ven nas súas compañeiras máis maiores a meta da súa formación como futbolistas no club, alcanzar o primeiro equipo.

Check Also

Termina a Liga Promesas 2020/21 para a EFF Rosalía

O noso equipo termina o campionato sen opcións de clasificarse á Fase Final (11:00 h; …

Skip to content

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar