Parte médico de Yadira Alonso

Tralas probas realizadas esta semana á nosa xogadora Yadira Alonso polos Servizos Médicos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía no Centro Médico El Carmen diagnosticouselle unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, alteracións concordantes con escordadura grado 1 do ligamento colateral interno e rotura do menisco externo. Pendente de operación.

A defensa resultou lesionada nunha xogada fortuita o pasado 16 de maio no encontro correspondente á xornada 6, primeira da segunda volta, no Monte da Aira fronte ao Lalín. Malia saír polo seu propio pé do campo, as probas posteriores confirmaron o peor dos augurios.

Dende o club desexamos unha pronta recuperación.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content