Non todo vai a ser fútbol

A EFF Rosalía Senior aproveitou a xornada de descanso deste fin de semana para facer o seu particular bautismo náutico nas instalacións de Castrelo de Miño.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía senior desprazouse onte domingo ata as instalacións do náutico de Castrelo do Miño para realizar o seu particular bautismo náutico. Unha actividade organizada por corpo técnico e directiva para cambiar por unha xornada o balón por unha práctica deportiva diferente.

Aproveitando que o equipo tiña xornada de descanso, Miguel Saa organizou unha xornada na que o gran ausente foi o balón. Case a totalidade de integrantes do primeiro equipo puideron gozar das actividades propostas polo Clube Nautico Castrelo de Miño. Con esta actividade pretendíase achegar a práctica dos deportes náuticos ás xogadoras dunha forma lúdica e deste xeito adquirir os fundamentos básicos para poder practicalas e esquecerse do fútbol por unhas horas.

As xogadoras puideron practicar varias disciplinas de deportes náuticos.

Tod@s puideron practicar vela lixeira, kayak e paddle surf, mentres que as máis valentes tamén podían atreverse co windsurf. En definitiva, unha tarde de lecer na que as risas e bromas foron as protagonistas.

Houbo algún chapuzón non desexado.

Ao final da tarde, o técnico atendeu aos medios do club para explicar o beneficiosas que son estas actividades extra: “O que vivimos hoxe foi moi beneficioso para o grupo, para seguir mantendo esa progresión no bo ambiente, que duns meses para aquí é unha piña. Agora o que nos queda é traballar con ilusión e poñer todo o que teñamos para o que resta de tempada”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content