Lóstrego-Rosalía: Unha nova parada para coller impulso

A EFF Rosalía Cadete disputará mañá o terceiro dos seus encontros do mes de novembro co firme propósito de sumar a súa segunda vitoria consecutiva.

Sen tempo para saborear a vitoria da pasada xornada ante San Mateo, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta unha nuevo parada no camiño e que as azuis queren que sirva para coller impulso e empezar a abandonar os postos de abaixo. Toca parar en Gondomar e medirse ao conxunto do “raio”, que navega pola zona nobre da táboa tras un bo inicio de Liga.

O conxunto pontevedrés chega á cita tras empatar a domicilio en Barrantes (1-1) e no seu propio feudo ante o Mos (1-1). Precisamente é en casa onde as locais marcan o 70% dos seus goles. Porque á igualada ante o cadro moense hai que sumarlle a vitoria cultivada ante o Tomiño (4-0). Todo iso valeulle para alcanzar a terceira praza ligueira.

Pola súa banda, o Cadete quitouse un tremendo peso de encima o pasado sábado 12 coa súa vitoria ante o San Mateo (2-0). Agora toca consolidar o bo que se fixo no Municipal de Oira e tentar sumar a segunda vitoria consecutiva.

No plano deportivo, Tamayo recupera a Nair despois de duas semanas de ausencia, converténdose na novidade da convocatoria de 16 xogadoras do técnico: Lucilú, Aldara, Alma, Noa, Lucía Novoa, Aitana, Torres, Caride, Antía, Nair, Irene, Xiana, Sanmiguel, Miriam, Blanca e Clau.

O encontro arrincará ás 16:15 horas e o árbitro do partido será Diego Rodríguez Covelo, do comité vigués.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content