Nun caluroso domingo as senior enfrontáronse á EMF Boiro, segundas clasificadas do grupo 3º, na primeira ronda da fase de ascenso.
O partido foi moito máis igualado do esperado, a pesar de ter as nosas baixas importantes como a de Andrea, Alba e Aitana. A pesar da dificultade do clima as nosas fixeron o seu tradicional despliegue físico de presión sobre o rival e verticalidade ó recuperar a pelota.
Ó borde do descanso Zaira gaña as costas á defensa rival e adiántase no marcador. 1-0 para as nosas, resultado co que se chegou ó descanso.
A segunda parte seguía polos mesmos derroteros pero nunha xogada cun tanto de fortuna as nosas rivais encontráronse cun balón morto que de potente volea aproveitando o bote colouse no seundo pao da meta de Rocío. O gol en contra fíxolle moito dano o noso equipo e espoleou as boirenses que viviron os seus mellores minutos e nunha boa combinación marcaron o 1-2 nun man a man ca nosa porteira.
Minutos despois chegou a xogada polémica do partido, con Cae a nosa defensa central tirada no chan e sendo atendida por unha compañeira, as xogadoras do Boiro fixeron caso omiso das indicacións do seu banquillo de que tiraran o balón fora e marcaron o definitivo 1-3. Un feo xesto que non precisaban para gañar e probablemente para pasar a eliminatoria…
O noso equipo lonxe de virse abaixo ou de entrar en polémicas seguiu pelexando en busca dun segundo gol que non chegou.
Que ninguén dude que as nosas non van a ir a Boiro de excursión e que tratarán de vender cara a súa pel, como sempre fixeron e farán.
Graciñas Rosalía por sentir así as cores!!!