Viaxan mañá domingo as nosas senior a Boiro ca difícil misión de voltear o marcador despois do 1-3 do Monte da Aira, difícil si pero si algo ten demostrado este orgulloso equipo é que derrotadas inda non están.
O vento nas velas da EMF Boiro sopla a favor para levarse a eliminatoria pero que sepan que nesta “guerra” inda queda unha batalla de 90 minutos e que as nosas están moi motivadas e non van vender barata a pel.
Volta á convocatoria Alba Rodríguez e Aitana xa volve a estar tamén a disposición de Alonso para disputar minutos despois de sair da súa lesión. Espéranos unha fermosa batalla en terras de Boiro e a pesar das maneiras dalgún gol encaixado na ida, o noso clube non vai a cambiar os seus valores de deportividade e respeto polo rival, sexa quen sexa o rival e xóguese o que se xogue no embite.
Pode que sexa o derradeiro partido da tempada, pero que ninguén dubide que as nosas van tentar por todos os medios que non o sexa.
Forza Rosalías!!!