Previa das senior: a desfrutar dun soño inesperado

Nove días, ese foi o prazo que tivo o noso recién creado clube para organizar un equipo senior… o noso particular senior, que con unha media de 14 anos e medio competiu este ano sen complexos e de tu a tu cos demáis conxuntos da categoría.

A primeira volta tivo os lóxicos problemas de falta de acoplación e coñecemento entre as nosas xogadoras. Como anécdota o día da nosa estrea dúas xogadoras foron convocadas e nin as coñecíamos, coñecímolas personalmente no momento que se subían ó bus para ir a Ponteareas. Todos eses inconvintes e atrancos fixéronnos máis fortes e co enorme traballo do corpo técnico e das nosas xogadoras o equipo creceu dunha maneira que nin os máis optimistas contabamos.

A segunda volta só dúas derrotas ante os dous primeiros clasificados e a falta de tres xornadas confirmamos o oitavo posto que nos da dereito a disputar mañá a primeira eliminatoria da fase de ascenso á primeira galega. O noso rival a EMF de Boiro, ten unhos número de escándalo. Un conxunto recén descendido que promedia máis de catro goles por partido e que será unha eliminatoria moi dura para as nosas rapazas que teñen as importantes baixas na ida de Andrea Pazos, Alba Rodríguez e Aitana. O partido ás 19:00, horario pouco habitual para as nosas por causas alleas ó clube.

A desfrutar do que para todo o noso clube debe de ser unha festa Rosalías!!!

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content