Marta Montes chega dende a SD Bande para reforzar a defensa do Rosalía infantil

A medida que avanza o verán imos perfilando os plantéis dos equipos que configuran a nosa estructura deportiva. 

A dirección técnica, encabezada pola nosa directora deportiva, Alba Rodríguez, está a traballar para ultimar a confección do bloque senior, o do primeiro equipo pero sen esquecer que a nosa entidade contará, por primeira vez, cun equipo na Liga Galega Infantil Feminina de nova creación por parte da Real Federación Galega de Fútbol. 

Así as cousas nesta penúltima semana de xullo o clube confirma a fichaxe de Marta Montes. 

Marta Montes defendeu a nosa camiseta na pasada Copa Gallaecia

Marta é unha defensa, de trece anos, que participou na recta final da última tempada na competición da III Copa Gallaecia, ao igual que a anterior fichaxe para noso equipo infantil, Lidia Rodríguez. 

Marta asegura que “foi esa experiencia a que me axudou a decidir a miña incorporación a este equipo”. O meu deporte, desde moi nena, sempre foi o futbol. Dando patadas a un balón. 

Marta dende moi pequena tivo o soño de xogar ao fútbol e, primeiro na rúa, como calqueira neno ou nena, logo na escola e definitivamente na SD Bande, foi onde pudo dar as suas primeiras patadas o balón.

Según ela mesmo nos conta “o fútbol sempre foi o meu soño, a miña maneira de divertirme e darlle patadas a un balón foi sempre a miña forma de vida”.

Fichar polo noso clube ten un significado especial para ela “chego a un clube para divertirme xogando ao fútbol con outras rapazas e con moitas gañas de seguir crecendo futbolísticamente”, pero tamén destaca que “decidín dar o paso de vir ao Rosalía debido a que vou a xogar soamente contra outras rapazas nunha liga completamente feminina, por ese motivo decidín aceptar a invitación do clube para disputar a Copa Gallaecia por varios pobos e cidades de Galicia, unha experiencia que foi moi enriquecedora, a parte que deportivamente tamén tivemos a ledicia de rematar subcampionas”.

En canto ao deportivo, Marta defínese como “unha xogadora comprometida co equipo e de gran sacrificio defensivo, sentíndome máis cómoda xogando como defensa central ou en calqueira dos laterais”

Marta reside en Lobios e realiza os seus estudos de ESO no IES de Bande. Dende alí desprazarase ata Ourense para realizar os distintos adestramentos durante a semana. Motivo polo que o noso presidente, Mario Gómez, destaca en sobremaneira “agradecemos o gran esforzó que será tanto para a familia como para Marta o vir de tan lexos a adestrar e xogar, motivo polo que estamos moi orgullosos, xa queademáis de Marta que virá desde a Baixa Limia para  xogar connosco e un orgullo lembrar que tamén temos xogadoras doutros puntos da provincia como Xunqueira, Nocelo da Pena na Limia ou mesmo Ribadavia. A sua presenza motiva a outras rapazas de distintos puntos da xeografía de Ourense a decidirse a dar o paso e vestir a camiseta do clube”. 

Según Alba Rodríguez, a fichaxe de Marta Montes, “trátase dunha defensa cunha calidad innegable e sen ter una grande estatura destaca no xogo por alto. Será unha rapaza moi importante na nosa aposta polo equipo de Liga Galega Infantil e, a bo seguro, una defensora importante no futuro do equipo senior.”

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido