Milagrosa-Rosalía: a pola terceira vitoria seguida

As azuis visitan ao conxunto lugués antes do parón polo partido de descanso (18:00 h; Luís Gorgoso).

Logo de lograr a vitoria o pasado domingo no Monte da Aira, nos que se enfrontou ao Monteforte, a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía afronta mañá o encontro da 3ª xornada de Liga, que terá lugar no Luís Gorgoso fronte ao Milagrosa (12:00 h; Lugo). O obxectivo é lograr a terceira vitoria seguida e ampliar a cinco a racha de encontros consecutivos invictos antes do parón pola xornada de descanso.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía atravesa unha boa dinámica logo dos dous últimos triunfos fronte ao Lalín e o Monteforte. Especialmente en forma está Noui, que marcou seis goles nos últimos dous partidos que disputou. Ademais, os datos da dianteira ourensana son positivos este comezo de tempada. Viu porta en 4 das últimas vitorias das pontinas.

A motivación de conseguir un pleno de vitorias antes do descanso ten que servir de guía para manter o pulso en Liga. “Realmente chegar ao parón cun tres de tres daríanos tranquilidade porque seguiríamos véndonos, dados os outros resultados, con certa vantaxe”, dixo Saa na roda de prensa previa a un encontro para o que convocou a 16 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Isis Sanmartín, Bea, Noa Domínguez, Yadira, Sequeiros e Sabela.
Centrocampistas: Ainara, Lidia, Aida, Marta Besada, Noa Fírvida, Saray e Aldarita.
Dianteiras: Noui e Zaira.

Milagrosa
O conxunto lugués ocupa a última praza da táboa. Ao comezo da xornada é quinto con -3 puntos ao recibir a sanción da Federación de Fútbol Galega polos motivos da suspensión do seu primeiro partido fronte ao Monteforte. Esta tempada conta cun equipo moi novo pero coa intención de formar boas futbolistas cun estilo de xogo baseado no movemento e toque do balón.

Resto da xornada
No resto da xornada enfróntanse ADC Monteforte e SG Comercial, partido entre segundo e terceiro, cunha diferenza de dous puntos entre ambos, onde a intención será sumar para achegarse á EFF Rosalía na táboa clasificatoria, ao descansar esta a xornada seguinte.

Horarios
Sábado
18:00h SCD Milagrosa – EFF Rosalía
Domingo
17:00h ACD Monteforte – SG Comercial

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content