Saa: “A nivel competición o obxectivo quedou cumprido”

Para min, o Milagrosa, é o equipo que máis me gustou do que levamos de liga”, sinalou o adestrador da EFF Rosalía.

Miguel Saa compareceu en sala de prensa e analizou a vitoria fronte ao Milagrosa na terceira xornada de Liga: “Hoxe xogamos un partido moi disputado contra unhas rivais que no primeiro tempo puxéronnolo moi difícil”.

“A nós custounos un pouco máis que outras veces o abrir a “lata”, pero finalmente no primeiro tempo deixamos case pechado o encontro coa ventaxa de goles conseguida”.

Obxectivo cumprido
“A nivel competición o obxectivo quedou cumprido, é moi importante chegar ao descanso con tres de tres, xa que nos vai a permitir xogar contra o Comercial estando na cabeza, o cal ao equipo lle vai dar confianza e axudaranos a seguir crecendo”.

Exceso de relaxación
“Realmente esa é a maior preocupación que temos, o equipo unha vez pecha os partidos non compite todo o ben que debería mantendo o balón, combinando e descansando coa posesión. Caemos en precipitacións e fallos que non deberiamos, pero espero que co paso das xornadas podamos mellorar esa faceta”.

Pepe nun momento do partido.

Pepe González, adestrador do Milagrosa terminou o encontro cunha valoración positiva, malia a derrota: “Remato cunha sensación positiva ao ser o noso primeiro partido e o terceiro de Rosalía. Ao equipo visitante notábaselles con máis ritmo pero aínda así intentamos desde a organización competir da mellor forma o partido”.

Experiencia
“É evidente que ter xogadoras con experiencia axuda moito, en partidos como o de hoxe, non só pola idade senón como referentes para as máis novas”.

Clave do partido
“A clave está en que o Rosalía é superior ao seu rival en moitos aspectos e a Milagrosa se defendio como mellor soubo”.

Futuro
“Co paso dos partidos o equipo crecerá, é a súa primeira experiencia en fútbol 11 afeccionado para case todas as xogadoras e aos poucos colleranlle o pulso á competición”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content