Saa: “Témonos que fixar máis no traballo que no resultado”

“Eu espérome un equipo que vaia ao ataque e competitivo”, indicou o técnico.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa da Sede da EFF Rosalía antes do último adestramento previo á visita ao Milagrosa, correspondente á xornada 3 de Liga (Sábado, 18:00 h; Luis Gorgoso). O técnico dixo: “Realmente chegar ao parón cun tres de tres daríanos tranquilidade porque seguiríamos véndonos, dados os outros resultados, con certa vantaxe e si que sería importante para afrontar ese último partido e despois coller a segunda volta con todas as gañas”.

“Realmente ao Comercial aínda lle falta un partido por disputar, que elas xa descansaron. Nos tomámolo co factor que si se gaña á Milagrosa poríase unha distancia de puntos con opcións de alcanzar o primeiro posto. Evidentemente, chegar a última xornada desta volta con tres de tres sería o idóneo pero bueno, temos que ir día a día e con calma”.

Rival
“O Milagrosa, polo que sei, sempre é un club que, nas súas diferentes categorías, tenta de xogar ben ao fútbol e combinar e non cre que se condicionen moito polos resultados. De feito, elas no primeiro partido que se tivo que cancelar ían gañando, no minuto 7 xa estaban por diante no marcador. Eu espérome un equipo que vaia ao ataque e competitivo”.

Relaxación
“O que lle tratamos de transmitir sempre é que teñan os pés na terra e que nin que cando perdemos somos malísimas, nin agora que gañamos somos as mellores. Ao final témonos que fixar máis no traballo que no resultado e como se obtén o resultado, non no propio marcador”.

Xogo
“Vimos nas xogadoras un pouco máis de fluidez con balón e van collendo un pouquiño o que lles pedimos co novo sistema. Eu penso que a nivel individual foi o mellor partido que fixemos”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content