Moi positiva estrea na III Copa Gallaecia Infantil

Comezou a III Copa Gallaecia infantil e o noso clube participa por primeira vez nunha competición de base de fútbol 11 que esta tempada bate récords con 14 clubes inscritos de toda Galicia que se dividen nunha primeira fase en dous grupos de sete equipos.

A primeira concentración disputouse no Concello de Sanxenxo baixo a organización do clube local do Viaxes Interrías. Dúas sedes foron as que se precisaron para a disputa da primeira concentración, o noso equipo infantil disputou as dúas primeiras xornadas no Campo do Revel en Vilalonga, mentras que o grupo B disputou as dúas primeiras xornadas no campo de Baltar en Portonovo.

Nesta competición poden participar xogadoras que se atopen xogando en outros clubes en categoría mixta, baixo cesión e permiso firmado polo seu clube de orixe. Como sempre que o solicitamos, para calqueira evento, os clubes da nosa provincia portáronse de maneira espectacular con nós sen por ningún tipo de problema para as xogadoras que solicitamos.

Así pois co noso clube disputan esta competición as xogadoras:

  • Matilde Pousa (Ourense CF)
  • Sol Pedreira (UD Ourense)
  • Aroa Nóvoa (Peroxa CF)
  • Marta Montes (SD Bande)
  • Lidia Rodríguez (CD Velle)
  • Sheila Cuellas (ACD Polígono)
  • Sara Bonjoch (EDC Maceda)
Na imaxe as xogadoras cedidas ca ausencia de Sara Bonjoch por enfermidade

Abrimos a competición ás 11:30 enfrontándonos á SD O Val de Narón, superado o tanteo e nervios iniciales nunha indecisión entre unha defensa e a porteira do Val de Narón, Sheila andivo moi lista e anticipouse ó pase cara a porteira e quedou sola man a man e cedeu a Aitana para que a porta valeira inaugurara o marcador. Ca vantaxe no marcador as nosas infantiles tranquilizáronse e fixéronse donas do xogo a pesar da maior presencia física das súas rivais. A nosa defensa a pesar de ser a maioría de idade alevín mostrábase moi segura e as xogadoras cedidas estaban aclopándose á perfección ó que Alba Rodríguez e Isis Sanmartín lles pedían dende a banda.

Na segunda parte un tiro dende fora da área de Yadira Alonso, a nosa capitana do senior a pesar de inda estar en idade infantil, facía a sentencia e facía que o comezo do noso infantil fora inmellorable na competición.

A comida no Hotel Vi-Mar serviu para seguir facendo piña, algo o que dende o noso clube lle damos moita importancia.

Na xornada vespertina enfrontámonos ás 17:30 fronte as nosas amigas da SDC Milagrosa, un equipo dos máis noviños da competición xa que compiten con 10 alevíns nas súas ringleiras. O dominio foi absoluto por parte das nosas, na primeira parte axudadas por un forte vento a favor o que dificultaba as nosas finalizacións. Na primeira parte un córner sacado por Sol e rematado maxistralmente por Marta Montes púxonos en vantaxe. Xa na segunda metade tivemos moitas ocasións por medio de Candela Bouzas, Yadira, Lidia…. pero foi Sol a que cun disparo lonxano fixo o definitivo 0-2 que nos daba unha merecida victoria e 6 puntos na primeira concentración e a imbatibilidade na portería de Rocío, algo ó que lle damos moito valor.

O noso equipo infame tivo unha inmellorable estrea na Copa Gallaecia. O 1 de xuño máis!!!

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido