Onte vestímonos de gala, os cinco directivos do clube desprazámonos ata o auditorio de Vilagarcía de Arousa para recoller o premio co que a Asociación de Mulleres Deportistas Galegas nos galardonou pola idea e repercusión do noso clube na nosa provincia.
Para nós como clube o recoñecemento de onte por parte de MUDEGA e un pulo para seguir traballando á vez que unha sorpresa porque non sabíamos que unha asociación tan prestixiosa e a nivel galego podía saber da nosa existencia.
O primeiro ano e sendo un clube completamente novo, sin ter a estructura que poderíamos ter ó ser a sección feminina dun clube consolidado, todo o que sexa darnos visibilidade é un logro para nós e unha importante axuda para darnos a coñecer fronte a posibles patrocinadores privados que nos axuden a seguir mantendo viva esta Escola que demostra cada vez que salta a un campo, sexa na categoría que sexa, que ten moitísimo futuro por diante.
As demáis premiadas que compartiron esta VII Gala do Deporte Feminino Galego con nós foron:
Mellor deportista – Ana Peleteiro
Mellor deportista promesa – Teresa Abilleira e Malena Mieres
Mellor deportista con diversidade funcional – Susana Rodríguez Gacio
Mellor traxectoria deportiva – Nieves Gamallo
Mellor adestradora – Carla Abad
Mellor equipo – Club Balonmano Atlético Guardés
Mellor clube – Cidade de Lugo Fluvial
Mellor xuíza – Zulema González González
Mellor directiva (máis comprometida co deporte feminino) – Directiva do Burela F.S.
Xornalista polo deporte feminino – Diario de Pontevedra e Faro de Vigo
Institución privada máis colaboradora – Rodosa
Institución pública amiga do deporte feminino – Deputación de Pontevedra
Mellor iniciativa a prol do deporte feminino – Escola de Fútbol Feminino Rosalía
- Mención especial: Judith Rodríguez
- Mencións “In Memorian”: Micalea Sinde Stompel e Manuel González Soto