Este domingo disputamos o derradeiro partido como locais no Monte da Aira da liga regular cas nosas senior. O rival o Racing de Vilariño que na primeira volta gañáranos claramente en Nigrán. As nosas, que están a facer unha segunda volta espectacular, caendo tan só co Rápido Pereiró, non estaban dispostas a vender barata a súa pel e así demostráronllo as de Nigrán dende o primeiro minuto.
Sairon as nosas con gañas de dominar o partido, pero no minuto cinco unha falta de comunicación da nosa porteira Rocío facía que o Vilariño se adiantara na primeira chegada a porta das visitantes. Tocaba remontada e as nosas puxéronse mans a obra… dominaban o partido e o posicionamiento a base de moito traballo e moita presión cun 1-4-1-4-1 con Alba, Patricia e Ainara dominando a medular, pero as ocasións non eran claras xa que a porteira rival achicaba perfectamente os espacios ás costas da súa defensa.
Na segunda parte máis do mesmo e despois dun dudoso gol pantasma anulado as visitantes nun tiro exterior que botou sobre a linea a criterio da colexiada, rematábanse as oportunidades do Vilariño e comenzaron a chegar as nosas…
Nun balón as costas da defensa plantouse Zaira man a man ca porteira visitante que a derrubaría fora da área sendo correctamente expulsada por ser a derradeira xogadora. Púxose unha xogadora de campo na portería e comezou o asedio sobre a portería visitante.
Nunha falta dende máis de 20 metros Zaira faría o empate con un golazo pola escuadra, quedaba tempo para máis pero non fomos capaces de acadar os tres puntos, inda que as nosas non pararon de intentalo. Bo punto diante dun complicadísimo rival que vai ter moito que dicir no playoff polo ascenso a 1ª galega.