A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta a segunda eliminatoria do play-off de ascenso a Primeira División contra un dos equipos máis sólidos da categoría.
Chega a hora da verdade. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfróntase hoxe ao CF Noia nas semifinais da fase de ascenso a Primeira División Autonómica que se disputa no Anexo Julio Mato de Noia. Ou todo ou nada. Non hai máis historia. Si o senior gaña accederá a rolda final que se disputará a dobre partido co vencedor do Amistade de Meirás-Umia “B”. Pere Tobaruela confía no bo momento das súas xogadoras –Rosalía, cun bo xogo, gañou a primeira eliminatoria fronte a Peñasco- e no traballo realizado durante a semana, para superar a un dos rivais máis sólidos da categoría que se caracteriza polo seu estilo de xogo de toque.
O partido xogarase ás 18:00 horas e estará dirixido polo colexiado Francisco Manuel Brión Sanisidro do comité técnico de árbitros de Santiago. Rosalía e Noia non se enfrontaron nunca e ambos destacan pola súa capacidade goleadora. Sabela, recuperada da súa lesión e en racha goleadora está na lista de 16 do técnico para o partido.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Noa, Silvia, Laura Añón, Feijóo e Sabela.
Centrocampistas: Aldarita, Lidia, Fara, Bonjoch, Patricia e Antía.
Dianteiras: Noui, Zaira e Nerea.
Noia
O Noia recibe ás pontinas logo de eliminar ao CCDR Perlio por 4-1 e coa intención de acceder á última rolda da fase de ascenso. Os seus números no Anexo Julio Mato son excelentes. É o único equipo da categoría, xunto a Amistade de Meirás, que non perdeu ningún punto en casa (10 vitorias). Xulia Lorenzo, con 22 goles, é a súa máxima anotadora, pero o perigo ten máis protagonistas, ao ter a catro xogadoras entre as 10 máximas goleadoras do Subgrupo 3 da 2ª división autonómica feminina galega.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino