Tobaruela: “Tivemos que remar a contracorrente”

“Toca aprender, parece un tópico dicilo, pero das derrotas tamén se aprende”, dixo o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Anexo Xullo Mato tralo partido das semifinais da fase de ascenso a Primeira división. O técnico dixo: “Así en quente, despois de caer nun partido eliminatorio, é difícil facer unha valoración obxectiva. Sempre pensas que o puideches facer mellor, sobre todo cando perdes”.

“Creo que a valoración hai que estedendela a estas últimas semanas, nas que as xogadoras medraron e mostráronse como un equipo difícil de batir e que loita ata o último minuto, como pasou hoxe contra o Noia”.

Os detalles decidiron
“Os partidos sempre son un cúmulo de detalles, que poden xogar a favor ou en contra. Pero teño que dicir que o Noia xogou o partido que quería xogar e nós non puidemos cinguirnos ao noso plan de partido porque elas souberon contrarrestarnos. Está claro que, vista a primeira parte, merecemos ir ao descanso con vantaxe no marcador, pero iso xa é entrar no terreo da hipótese. Non fomos capaces de adiantarnos no marcador e elas si, por dúas veces. E tivemos que remar contracorrente”.

Factor campo
“Un campo máis grande beneficiarianos, sen dúbida, polo tipo de xogo que desenvolvemos. Pero eu non adoito a pensar que pasaría noutras circunstancias. Así que tivemos que xogar nese campo e xa está. Seguramente, se gañáramos, non nos estaríamos a fixar nestas cousas. Un equipo ten que saber atopar solucións a problemáticas diferentes. Un campo pequeno é unha delas, hai que adaptarse e xogar”.

¿Resultado xusto?
“Xa dixen que na primeira parte merecemos máis, pero tamén teño que dicir que na segunda elas souberon xogarnos e estiveron mellor ata mediada esta parte. Aproveitaron as súas oportunidades. Con 2-1 pensei, vin por un momento, a posibilidade do empate, pero non foi así”.

¿Qué lleva dirías ao equipo?
“Unha cousa é o que eu poida dicir e outra o que o equipo poida escoitar nun momento no que a derrota nubra a vista. A miña experiencia dime que non se acaba o mundo. Quizais poida remitirme ás miñas palabras antes de empezar o partido: estou orgulloso das xogadoras pola súa entrega, pola súa actitude e aptitude. Toca aprender, parece un tópico dicilo, pero das derrotas tamén se aprende”.

Despedida ou ata logo
“Son técnico da EFF Rosalía ata finais de xuño. O mércores seguiremos adestrando, aínda que a competición xa rematou. Estou moi a gusto no club. Agora de cara a tempada vindeira é importante saber o que quere o club e o que queren as xogadoras. Tempo ao tempo. Creo que agora non toca falar de min, senón dun grupo moi amplo de xogadoras que, malia as circunstancias adversas que propiciaron a miña chegada, souberon estar aí e tirar para adiante. A EFF Rosalía é un proxecto con moito futuro. Non conseguir o ascenso esta tempada, malia que agora doa, non é máis que unha parte do camiño. Volvo repetir, tempo ao tempo”.

‘Banana’ dando instruccións durante un lance do partido.

Juan Manuel “Banana” analizou para nosa web a vitoria do seu equipo no Anexo Julio Mato: “O que falamos na previa, que se ía a decidir por detalles e así foi. Foi un partido moi disputado no que penso que o control foi do Rosalía pero tamén o sabíamos que podería pasar e tíñamos preparado algo para contrarrestar iso e saíunos como tíñamos, mais ou menos, planeado”.

“O sinto moito polo Rosalía, teñen un equipazo e as niñas xogadoras saíron do campo co pensamento de que se enfrontaron ao mellor esta temporada con moita diferencia. Nenas con moita calidade, forza e un bo estado físico. Pero o digo anteriormente, os detalles en dous fallos atrás delas aproveitámolos e tampouco tivemos mais ocasións, a verdade”.

Detalles que deciden
“En eliminatorias así non hai forma de remendalo salvo que sexa no mesmo partido. Estas eliminatorias soen decidirse por detalles e así foi. Quero darlle a noraboa a Pere polo equipo que ten, cunhas rapazas con moito futuro. É unha pena que nos atopásemos así”.

Factor campo
“Nós estamos xa adaptadas, coas medidas tomadas ás dimensións e noso xogo xa está afeito a isto. Nun campo algo mais grande sufrimos mais porque o equipo, fisicamente, xa está moi xusto polas alturas de tempada na que estamos. Sacaron forzas de onde non había, con calambres, unido a algunhas xogadoras xa veteranas, que lles costa un pouco mais. Despois da temporada que fixeron, pasar é un premio que mereceron”.

Final
“Gañou Meirás, pero agora serán dous partidos e queiras que non, non é o mesmo que un ao xogar na casa e fora e cambia moito a eliminatoria. Son 180 minutos e nun partido podes non estar tan ben e resolver no outro. É totalmente distinto que unha eliminatoria a vida ou morte”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content