Tobaruela: “Noso equipo está preparado para afrontar este partido”

“Estamos adestrando ben e as xogadoras están concentradas e seguen medrando”, explicou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa telemática despois do último adestramento previo ao Noia-Rosalía e analizou o encontro das semifinais do play-off de ascenso a 1ª División autonómica (18:00 h; Anexo Julio Mato): “O Noia quedou de primeiro no seu grupo na fase regular, iso é unha cousa a ter en conta. Mais a un partido todo pode pasar”. 

“Nunha liga tes tempo de reaccionar. Nun tipo de eliminatoria así é como lanzar unha moeda ao aire. Nós imos intentar que saia cara”.

“Temos claro xa o plan do partido”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Factor campo
“Efectivamente non perdeu un punto na súa casa e alí é onde temos que ir xogar. A nosa directiva organizou outra vez, como xa pasou contra o Peñasco no seu campo, a maneira de que os nosos seareiros nos acompañen. Agardo que haxa un bo ambiente. E polo que fai ao partido, analizei os puntos fortes e febles das nosas rivais. Temos claro xa o plan de partido”.

¿Quen gañará, defensas ou dianteiras?
“Elas marcaron máis goles ca nós, pero tamén encaixaron máis. Penso que, polo que fai aos goles, a salsa do fútbol, vai ser un partido vistoso. Agardo que nós metamos polo menos un máis ca elas”.

Adestradores que se coñecen
“Somos bos colegas e fixemos xuntos un par de cursos de formación. El sabe ler moi ben os partidos e iso pon máis difícil ás cousas. A ver que pasa. Vai ser, neste sentido, unha boa partida de xadrez táctica”.

‘Banana’ durante un dos partidos desta tempada.

Juan Manuel Moreiras ‘Banana’ tamén compareceu na previa do partido que enfrontará ao seu equipo fronte a Rosalía . O técnico analizou o encontro que se disputará na cancha noiesa: “O equipo está con moitas ganas e moita ilusión. Logo de facer unha tempada espectacular, o broche de ouro sería o ascenso e imos pelexalo ata o final”.

Batalla de pizarras
“Ambos coincidimos no curso de adestrador e desde esa temos bastante relación, falamos moito de fútbol pero non considero unha vantaxe nin desventaja , é un factor máis dentro da eliminatoria pero para min quizais o menos importante, pero si que é un pracer enfrontarme a Pere pola boa amizade que temos, aínda que tamén creo que aos dous gustaríanos non enfrontarnos e conseguir os dous o ascenso”.

Xogar en casa, un plus
“Pois si esta tempada no noso campo gañamos todos os partidos disputados tanto amistosos como de Liga, sentímonos moi cómodas xogando en casa máis aínda co apoio do público que vai aumentando considerablemente e neste partido seguro que van apoiar ás xogadoras xa que o merecen pola súa fantástica tempada”.

Ataque vs defensa
“Si é certo moito gol pero tamén moi repartido, aínda que temos á pichichi da nosa liga temos tamén 5 xogadoras que pasan da decena de goles para un equipo non depender de só unha xogadora que teña gol é moi importante e nós iso témolo, en canto a que se impoñerá o ataque ou a defensa , eu penso que se vai a decidir o partido por pequenos detalles xa que vexo o encontro moi igualado”.

Que pode decidir a eliminatoria?
“Como comentaba antes pequenos detalles, para min vai ser un partido moi igualado e disputado temos un estilo de xogo moi parecido e seguro que vai ser un encontro moi bonito de ver e máis aínda de disputar, onde esperemos levarnos a vitoria e chegar á final da fase de ascenso, e si non é así desexarlle toda a sorte á EFF Rosalia“.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content