O Promesas aférrase á súa última oportunidade

A EFF Rosalía Promesas gaña en Gondomar e aínda conserva unha opción de poder clasificarse á fase final logo da derrota do Arousana fronte ao Mos.

Gran nivel o que mostrou o Promesas no oitavo partido da primeira fase ante o seu inmediato seguidor na táboa. O conxunto dirixido por Feijóo gañou ao Lóstrego, segue terceiro na clasificación e dependerá de si mesmo nos dous últimos partidos para disputar a fase final (o próximo fin de semana a domicilio contra o Arousana). A actuación das pequenas foi espectacular, controlando o partido sen temor pola derrota en ningún momento.

Desde o comezo a EFF Rosalía Promesas intentou mostrar unha cara diferente á desenvolvida os últimos partidos. Deste xeito, o equipo volveu á senda do bo xogo despregado nas primeiras xornadas de competición. Lóstrego, que chegaba ao partido con baixas en xogadoras importantes, non o puxeron nada fácil a pesar do resultado final. Malia dominar, o primeiro tanto tardou en chegar e, a partir dese momento, todo foi máis fácil para lograr unha vitoria que mantén intactas as poucas opcións de clasificarse á fase final pero, é si, agora dependendo de si mesmas.

“Gustounos ver que logo de varios partidos difíciles con derrotas, as xogadoras colleron forza e volveron xogar a algo”, afirmou Feijóo ao término do encontro.

A derrota de Arousana fronte ao líder Mos cambia o balón de tellado. Agora son as azuis as que dependen de si mesmas para lograr o pase á fase final en caso de conseguir a vitoria nos dous partidos restantes. Vital será o do próximo domingo, visita ao Manuel Jimenez para o partido entre segundo e terceiro clasificado. “Está claro que vai ser difícil e mais cando elas veñen de perder pero sen dúbida vai ser un bonito partido onde se xoga todo”, comentou aos medios do club a técnico.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content