Noui asina o gol 500 da EFF Rosalía

As pontinas marcaron ata a data 278 en casa e 224 a domicilio.

Noui, felicitada polas súas compañeiras nun gol esta tempada.

Noa Fernández ‘Noui‘, co seu gol na última xornada da temporada regular ante o Calo, pasou á historia do club pontino pola obtención do gol 500 da Escola de Fútbol Feminino Rosalía en partidos oficiais, tomando a imaxinaria testemuña anotadora da defensa, Laura Añón, que logrou o gol 400 das azuis en Liga. A elas precedéronlle, Andrea Pardo, que anotou o gol 1 ao Juvenil de Ponteareas; ela mesma, Noui (100 e 200), Fara (300) e Laura Añón (400).

Dos 502 marcados pola Escola de Fútbol Feminino Rosalía en competición oficial a día de hoxe, 278 foron como local e os restantes como visitante. Ao Gondomar Fútbl Base é o rival que máis goles fixo, un total de 60 dianas, seguido do Porriño Industrial (36), Balidos CF (35), SpC San Mateo (27) e Cultural Areas (26). Case 200 dos 400 que xa anotou o equipo pontino en competicións oficiais.

O noso equipo sénior terminou a tempada regular cun total de 88 goles, aos que hai que sumar os dous da final da II Copa Deputación Feminina de Ourense. Deses, Noa Fernández ‘Noui’, foi a encargada de anotar 19, sendo a máxima goleadora Zaira con 22 dianas.

Check Also

1-6: Rosalía exhibe xogo e pegada para recuperar o sorriso ante o Porriño

As pontinas sumaron os tres puntos grazas ao dobrete de Noui e os goles de …

Skip to content