A atacante barbadesa alcanza tal cifra no segundo partido da presente tempada fronte ao Vilalonga.
No partido do pasado domingo contra o At. Vilalonga ‘B’, Noa Fernández ‘Noui‘, que saltou ao terreo de xogo no once titular, alcanzou a súa participación número 100 coa camiseta do conxunto da Ponte. Desta forma, súmase á selecta lista de xogadoras que, a tempada pasada, cumpriron o centenar de partidos, como foron os casos de Noa, Zaira, Sabela e Aldarita. A dianteira barbadesa, quen chegase á Escola de Fútbol Feminino Rosalía no verán da tempada 19/20 procedente do CD Velle, alcanzou a centena de partidos coa camiseta da EFF Rosalía nun período de tempo natural, 4 anos e 14 días, no que acumula un total de 60 goles.
Desagregado entre todas as campañas, a atacante azul tivo presenza como pontina en 92 partidos de Liga, un de Copa Deputación e sete de fase de ascenso.
A barbadesa anotou a campaña pasada un total de 19 goles; 18 en Liga e 1 en Copa
A mellor tempada ata a data de Noui foi a pasada 23/24, onde a punta conseguiu perforar a rede rival nun total de dezanove ocasiones, dezaoito en LaLiga e unha en Copa. Durante este tempo destacan os logros de ser a autora dos goles 100, 200 e 500 do equipo senior. As boas actuacións da 15 pontina en Oira valéronlle para ser unha fixa nas aliñacións iniciais, polo que Noui, se non hai contratempo algún, estará este próximo domingo en Antas defendendo a camiseta pontina.