O Lóstrego testará o nivel do Infantil

As azuis disputan o domingo a terceira xornada da Liga Galega Infantil en O Seixo debido as obras no Monte da Aira, ás 12:00 horas, ante o Lóstrego.

Primeira xornada da tempada para as azuis no campo Municipal de O Seixo. O domingo, a partir das 12.00 horas en Santa Cruz de Arrabaldo, o Infantil ten unha nova cita coa liga e mídese ao Lóstrego CF. As De Diego Castro chegan co bo sabor de boca que deixou a vitoria no Monte da Aira o pasado sábado, mentres que as gondomaresas golearon ao Atlético Arousana por 4-0. O cadro azul gañou o único encontro que disputou na casa e a de pasado mañá será a súa segunda proba no seu campo.

En canto á clasificación da Liga Galega Cadete Feminina trala disputa das dúas primeiras xornadas, as azuis colocáronse cuartas con 3 puntos, nun comezo de competición moi igualado ao estar seis equipos empatados cos mesmos puntos. O cadro do raio sumou os mesmo puntos; froito da vitoria que logrou a pasada semana ante o Arousana. As de Sinoe Alves, son segundas na táboa e terán ganas de lograr o segundo triunfo consecutivo da tempada a domicilio.

Haberá que ter en conta o perigo que ten o persoal gondomarés nas súas filas ao non ter unha goleadora destacada, marcaron catro xogadoras. En canto aos precedentes, ambos equipos enfrontáronse en dúas ocasións. O ano pasado, o encontro acabou con vitoria visitante por cero a tres, na última xornada da primeira fase. O global de partidos entre ambos se salda cun balance de 1 vitoria e 1 derrota para cada equipo.

Victoria é a máxima goleadora da categoría despois de dous partidos.

As 16 elixidas polo técnico para o partido do domingo son:

Convocatoria:
Porteira: Aldara Rivera.
Defensas: Candela Currás, Aline, Miriam, Lucía Novoa e Ainara.
Centrocampistas: Nair, Sara, Xiana Carballo, Alma e Lucía Torres.
Dianteiras: Victoria, Candela Losada, Antía, Irene e Zaira.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content