A EFF Rosalía quilabora con Amencer na 34ª Operación Quilo

O club, con Valeria e Lucía de representantes, comprometeuse a donar 97 quilos de produtos non perecedoiros ou xoguetes despois da pesaxe das duas xogadoras.

No salón de actos do Colexio María Auxiliadora de Ourense presentouse esta mañá a 34ª edición da Operación Quilo, que este ano terá como lema “Semente de soliradiedade”. Unha campaña que pretende sensibilizar as necesidades das familias empobrecidas da cidade e recadar para elas alimentos e xoguetes para entregárllelos nas datas do Nadal.

Iniciativa a que non podía faltar a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, representado polas xogadoras do equipo infantil Valeria e Lucía Pérez, que, como é habitual, tiveron que subirse á báscula para logo cambiar o seu peso en quilos por comida. Noso club foi un dos representantes do deporte ourensano xunto a COB, Ourense Envialia FSF, Cidade das Burgas FS, Ourense CF, UD Ourense, Sala Ourense, Club Volei Ourense, Club Gimnasia Pabellón Auriense Campus da Auga FG e Agrupación Deportiva Bosco. Á súa vez uníronse máis entidades da cidade e representantes da corporación.

Valeria e Lucía á saída do pesaxe co seu cheque en quilos.

Animamos a tod@s a colaborar coa iniciativa da Asociación Amencer donando un mínimo dun quilo de produtos non perecedoiros ou xoguetes “sementando” a solidariedade cos máis necesitados da cidade.

Na sede do club haberá unha caixa habilitada para recollida de produtos.

O club comprometeuse ademáis en visibilizar e difundir a campaña nas nosas redes sociais e páxina web e, para todos os interesados en participar, habilitaremos unha zona de recolleita de alimentos e xoguetes na nosa sede social, situada na Rúa San Payo nº12 da Ponte.

A data límite para a recollida será o 18 de decembro.

Lembra “QUILABORA”!!

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content