O calendario do grupo IV arrinca o 29 de setembro e finalizará o próximo 14 de abril, tamén a domicilio, ante o CD Teis.
A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicos este venres os calendarios dos catro grupos da Liga Galega Cadete para a tempada 2024/25, entre eles loxicamente o Grupo 4, no que competirá esta tempada a Escola de Fútbol Feminino Rosalía.
En xusto unha semana, nos equipo arrincará a tempada oficial ante o Club Louro Támega, ao que se medirán na primeira xornada o sábado 28 de setembro no Municipal de Coto Torrón ás 12:15 horas. O primeiro partido en casa das pontinas será a seguinte fin de semana precisamente para medirse ás Escolas de Fútbol Mos. En canto ao peche do exercicio, a última cita será lonxe de casa o 12 de maio ante o CD Teis. O calendario da primeira volta é o seguinte:
CALENDARIO GRUPO IV 2024/25
Primerira volta | Partido |
J1 28/09/2024 | Club Louro Támega-EFF Rosalía |
J2 05/10/2024 | EFF Rosalía-Escuelas de Fútbol Mos |
J3 12/10/2024 | Sárdoma de Vigo-EFF Rosalía |
J4 19/10/2024 | EFF Rosalía-Sporting Club San Mateo |
J5 26/10/2024 | Arcadia EF-EFF Rosalía |
J6 09/11/2024 | EFF Rosalía-CD Valladares |
J7 16/11/2024 | UD Ribeira-EFF Rosalía |
J8 23/11/2024 | EFF Rosalía-Lóstrego CF |
J9 30/11/2024 | RC Celta As Celtas-EFF Rosalía |
J10 21/12/2024 | Descansa |
J11 11/01/2025 | EFF Rosalía-CD Teis |