A cita ante o conxunto azul dará comezo ás 18.00 horas no Municipal de Oira.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete recibe este sábado ao Xuventú de Aguiño no Municipal de Oira, botando peche a un mes de abril de esixencia con catro encontros. Tras a vitoria ante Milagrosa a domicilio, a derrota en casa contra Sárdoma e a vitoria o pasado domingo ante o Silva, as de Tamallo loitarán por acabar o mes da mellor maneira ante un rival que vén de gañar nos dous últimos encontros a domicilio (na Coruña 3-7 e goleada 0-9 na Anexo Vista Alegre de Ordes).
Será o primeiro duelo disputado entre ambos os equipos esta tempada ante o equipo de Victor Manuel García. Na táboa clasificatoria, as nosas empezan a xornada no terceiro posto con 9 puntos, superando en tres puntos ás ribeirás, que son quintas.
A sexta xornada da 2.ª Fase dará comezo para as pontinas ás 18.00 horas deste sábado no Municipal de Oira, coa arbitraxe da colexiado Daniel Cabano Docasar. Ademais, as cámaras de RosalíaTv serán tamén testemuña directa do que suceda na devandita xornada coa retransmisión en YouTube.