Tobaruela: “Os rivais que quedan serán unha preparación magnífica cara os playoffs”

“Estamos preparadas futbolísticamente”, dixo o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o San Mateo, correspondente á xornada 24 de Liga, que se xogará no Municipal de Oira (domingo, 12.00 h; Youtube): “Quedan tres xornadas para rematar a Liga despois do encontró contra Porriño, que como dixemos foi un encontró intenso e duro contra un rival que está facendo ben os deberes. Contra San Mateo vaise repetir o mesmo, outro rival que ten un medio do campo moi potente e saben ao que xogan”.

“Daquela eso é moi positivo porque ainda que nos custe conseguir os tres puntos, é un excelente preparación para o que nos espera cara a fase final porque xogaremos partidos ben complicados e canto máis difíciles e complicados sexan agora, mellor que mellor”.

Rivais que se xogan moito
“Porriño no seu momento, o domingo San Mateo tamén ten que asegurar eses puntos e despois, a xornada vindeira, o Arenteiro tamén e iso fai que estes rivais, cando se enfrontan a nós, teñan ese acicate, esa suma de presión e tensión, que iso tamén pode ser malo para eles”.

Favor dos rivais do Lóstrego
“Nos temos que dedicarnos ao noso, sumar de tres, a ver se somos capaces de sacar os nove puntos que quedan e así, polo menos, plantar cara ou poñerlle as cousas difíciles ao Lóstrego, levan só un punto xa que elas empataron duas veces e nós perdemos e empatamos contra elas. Non se pode facer nada, estamos clasificadas matemáticamente para a fase de ascenso e agardar a que acabe a Liga para empezar”.

Final de temporada costa arriba
“Si, a costa arriba empezará co primeiro partido da fase de ascenso, pero que xa empecé lixeiramente a subir o terreo no sentido do esforzó é unha preparación magnífica e sempre o dixen. Un exemplo o partido contra Porriño, unha primeira parte moi seria por parte das rivais que nos fixo ter que empregarnos a fondo e sentir ese medo, esa tensión a empatar ou perder o partido que acaba curtindo. Sacar un partido adiante con esta tensión vai ser a mesma tensión, mesmos nervos, mesmo nivel de competición que nos imos a atopar na fase de ascenso”.

Traballo do equipo
“Estar pensando dende un inicio en que hai que subir, evidentemente pódese facer un chisco longo porque mentalmente hai que estar moi preparadas para a tensión que tivemos que aturar toda a Liga co Lóstrego para acadar o primeiro posto. Agora hai que seguir traballando físicamente e futbolísticamente, pero hai que empezar a preparar a cabeza nese sentido. Ao noso favor xoga que noso equipo son xogadoras novas e poden asumir e facer calquera cousa. Na contra, que esxan novas poden pecar de inexperiencia, de inmadurez iso, por exemplo, notouse na primeira volta contra o Arenteiro. Creo que neste sentido o partido contra o Arenteiro, coa presión de ser un derbi, servirá de boa medida para saber cómo estamos preparados psicolóxicamente, futbolísticamente estamos preparadas”. 

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content