A sumar os tres puntos antes do parón

O conxunto de Tobaruela busca volver á senda do triunfo no Municipal de Pardellas (12.00 h, Ponteareas)

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía afronta mañá no Municipal de Pardellas o seu primeiro compromiso do mes de abril antes do parón de Semana Santa. O noso equipo visita ao CD Ponteareas no encontro correspondente á 21.ª xornada de Liga e tentará sumar o seu décimo séptimo triunfo no campionato.

Vídeo: Roda de prensa de Pere Tobaruela.

As de Tobaruela lograron un balance de seis vitorias nos últimos seis duelos a domicilio, con 32 goles a favor e 1 en contra. Pola súa banda, o Ponteareas perdeu con Lóstrego ‘B’ na pasada xornada e arrinca esta en a duodécima posición. No enfrontamento da primeira volta, as nosas gañaron na casa por 5-0 con goles de Vicky (2), Noa, Zaira e Yadira. Precisamente, as duas últimas non estarán na convocatoria de 16 xogadoras e serán sustituidas polas integrantes do Cadete, Clau e Miriam.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Noa, Lú, Laura, Feijóo, Sampayo e Miriam.
Centrocampistas: Aroa, Candela, Fara, Ester e Bonjoch.
Dianteiras: Noui, Vicky e Clau.

SD Ponteareas
O noso rival chega a este momento da liga cunha vitoria e 18 derrotas. O conxunto pontevedrés está nunha tempada de formación ao ser o seu primeiro ano na categoría, algo que está notando á hora de conseguir resultados positivos.

Check Also

A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.A …

Skip to content