O Infantil cae ante o Victoria CF

As ‘azuis’ asinaron unha gran primeira parte, adiantáronse cun gol de Lara e rozaron o segundo, pero o conxunto visitante remontou no tramo final en Oira (1-2).

O Infantil da Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido sumar no seu duelo ante o Vitoria CF, a pesar de completar unha gran primeira metade e poñerse por diante no marcador. As azuis saíron coa idea de levar o peso do partido, con intensidade, orde e moito disciplina, e durante moito minutos foron superiores.

A primeira ocasión clara chegou no minuto 7’, cun disparo desde a frontal de Xiana que blocou Miriam. A resposta do noso equipo foi inmediata. Aos dez minutos de xogo, Lara plantouse soa ante Daniela, pero a gardameta visitante despexou o seu tiro a córner. Dous minutos máis tarde, tras un rápido contragolpe conducido por Isabel Reyes, Lara volveu quedarse man a man coa porteira, que de novo evitou o gol. O equipo seguiu insistindo. No 17’, Isabel Sánchez apareceu polo sector dereito e puxo un centro que rematou Noa, aínda que Miriam blocou ben colocada. O premio ao esforzo chegou pasada a media hora, cando Lara cazou un balón á carreira, superou a Daniela e, tras pegar o balón en ambos os paus, conseguiu facer o 1-0. Antes do descanso, o conxunto visitante tivo unha opción clara cun centro desde a dereita que rematou Isabel Sánchez ao bordo da área pequena, pero Miriam volveu soster ás súas.

Tras o paso por vestiarios, o Vitoria CF deu un paso adiante en busca do empate, mentres que Rosalía esperaba o seu momento para saír ao contragolpe. Cinco minutos despois da reanudación, Vicky tentouno cun disparo afastado que marchou desviado. Xa no 50’, Lara volveu gañar as costas da defensa, pero Daniela, moi atenta, despexou a córner.
Cando mellor estaba a resistir o conxunto azul, chegou o empate visitante. No 58’, Isabel Sánchez aproveitou unha acción a balón parado para asinar o 1-1 á saída dun córner. Apenas dous minutos despois, Mara culminou a remontada cun chute ao primeiro pau para establecer o 1-2 definitivo.
O conxunto de Carlos e Manu tentouno ata o final, pero non logrou atopar o gol que lle permitise rescatar polo menos un punto nun partido competido, intenso e decidido por pequenos detalles.

FICHA TÉCNICA:

1-Rosalía: Miriam, Isabel Reyes, Daniela, Vega, Aroa, Nuria Caride, Sara Moure, Lara Vicente, Noa Pazos, Ari e Lucía. Tamén participaron Lara, Vega Basoa, Alicia, Alba Feijóo e Martina.

2-Vitoria CF: Daniela, Paula, Amelia, Xiana, Vicky, Isabel Sánchez, Noa, Daniela Guillín, Daniela Díaz, Vera Wei e Mara. Tamén participaron Teba, Chloe, Mariangel, Lucía Calvo e Irene.

Goles:
1-0 (min. 30): Lara
1-1 (min. 58): Isabel Sánchez
1-2 (min. 60): Mara

Vídeo: Partido semicompleto.

Check Also

O Infantil rescata un punto no empuxe final

O noso equipo empatou fronte ao Sárdoma grazas ao empuxe final e ao acerto de …

Ir o contido