O noso Cadete competiu ata o final, igualou na segunda metade por medio de Isabel e rozou o empate nun partido moi esixente en Oira.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía caeu ante o C.D. Valladares no encontro correspondente á 19ª xornada da liga Galega Cadete, disputado en Oira. O conxunto visitante adiántose moi pronto por medio de Naiara. Isabel, que subiu do infantil, puxo as táboas no luminoso e Matilde puxo a puntilla.
Valladares arrincou cunha presión alta que dificultou a saída de balón das locais e golpeou moi pronto. Tras un roubo en campo rival, Naiara avisou no minuto 1 cun disparo desde a frontal que blocou Noa, e apenas un minuto despois, unha nova recuperación acabou cun centro de Lara que a propia Naiara rematou á rede para asinar o 0-1. O gol espertou ao nosso equipo, que foi crecendo co paso dos minutos e logrando asentarse no partido. Aínda que o Valladares seguiu xerando perigo, con intentos de Naiara e Lara ben resoltos por Noa, as locais comezaron a atopar mellores sensacións e a pisar área rival con máis frecuencia. Aínda así, a primeira metade pechouse sen ocasións claras para o empate.
Tras o descanso, o duelo abriuse máis e as pontinas deron un paso á fronte. Erika probou de lonxe e, pouco despois, Alma obrigou a Manuela a desviar a córner. O Valladares respondeu cunha ocasión moi clara de Naiara á cruceta e outro remate de Lara, pero no minuto 52′ chegou o premio para as locais. Claudia conduciu o contragolpe polo sector dereito, puxo un centro á área e alí apareceu Isabel para empatar o encontro. Co 1-1, o conjunto de Javier Alonso animouse e buscou a remontada. Noa, ademais, sostivo ao equipo cunha gran intervención tras un erro en saída que deixou soa a Naiara. Con todo, no minuto 62′ o Valladares volveu adiantarse nunha acción a balón parado. Lara forzou un córner, sacouno ela mesma e Matilde apareceu sen marca na área pequena para facer o 1-2.
Ata o final, a Escola de Fútbol Femenino Rosalía non deixou de tentalo. Noa Míguez a punto estivo de sentenciar cun disparo afastado, mentres que Ari estrelou un balón no poste tras a saída dun córner no 78’ e, no tramo final, Noa volveu impoñerse nun man a man para manter con vida ás locais. O esforzo e a reacción do equipo non tiveron recompensa, pero o Cadete volveu demostrar carácter e competitividade ata o último minuto.
FICHA TÉCNICA:


Goles
0-1 (min. 2): Naiara
1-1 (min. 52): Isabel
1-2 (min. 62): Matilde




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino