Patricia Leal renova pola EFF Rosalía ata 2022

A centrocampista portuguesa amplía a súa vinculación unha tempada máis logo de completar a última parte da campaña pasada co equipo.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía e a xogadora Patricia Leonor Leal alcanzaron un acordo para a renovación da portuguesa ata 2022.


A centrocampista (2002, Paredes, Portugal) sumará desta forma a súa terceira tempada na disciplina azul, á que chegou na campaña 2018/19.

Patricia estaba sendo unha das fixas nos esquemas do equipo azul durante a súa primeira tempada, chegando a disputar a maior parte dos partidos, pero o curso pasado, debido a motivos académicos non se reincorporou ao equipo ata o 14 de maio, debutando tres días despois no Monte da Aira na sexta xornada ante a Escola de Fútbol Lalín con gol incluído. A centrocampista participou nun total de tres partidos, saíndo de inicio no primeiro deles.

“Continúo un ano máis porque me gustaría seguir aportando ao equipo e lograr o ascenso. A renovación do corpo técnico é un punto a favor, ao coñecer os puntos fortes e débiles do equipo desde principios de tempada”, sinalou a centrocampista despois da firma.

Sobre o futuro declarou: “Desta nova tempada espero que o equipo siga crecendo, poñendo en práctica todo o aprendido e corrixindo erros, loitando así polo noso obxectivo, que é ascender”. Ademais mostrouse ilusionada cara a nova tempada: “Vexo ganas e ilusión no club. Ademais, os novos fichajes aportarán moito e reforzarán o persoal caro a nova tempada”.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content