O Infantil firma os primeiros tres puntos

Victoria logra o gol que suma os primeiros tres puntos nun partido no que as azuis adiantáronse cunha vantaxe de dous goles pero as ‘viquingas’ lograron poñer táboas no marcador.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volvía ao Monte da Aira co obxectivo de facerse cos tres primeiros puntos da Liga. O equipo De Diego Castro pelexou e buscou a vitoria durante todo o partido e non foi ata o 80′ cando o gol chegaba desde as botas de Victoria.

O primeiro tempo arrincaba cunha Escuela de Fútbol Femenina Infantil disposta a levarse os tres puntos en casa ante a súa afección. As azuis reflectiron esas ganas de gol con menos ocasións que no primeiro partido da semana pasada pero mostraron máis efectividad. Balóns en longo para a carreira das dianteiras azuis era o que buscaba en diversas internadas o Rosalía, pero o gol chegaría logo dunha xogada a balón parado. Saque de banda no centro, o balón recupérao Olaia, dubida si ceder a Sara Pedreira, o que aproveita Victoria para roubarlle o balón e asistir a Sara (16′), que define perfectamente ante a saída de Sara Pereira. Umia tamén xerou perigo dous minutos despois e Aldara Rivera estivo contundente nas suas atalladas. Un erro na cesión de Miriam é aproveitado por Lucía Blanco, o seu disparo deteno en dous tempos Aldara. A réplica local non se fixo esperar. Balón ás costas da defensa e Vitoria plántase soa ante Sara Pedreira pero non consegue superar á porteira.

Catro goles na segunda metade
O segundo tempo estivo marcado por unha EFF Rosalía disposta a pechar o partido. As pontinas xeraron perigo en área rival nada máis saír. Un tiro de Sara saiu rozando ou poste. O control do partido era para o equipo de Castro, creando moito perigo coas internadas de Zaira e Antía pola dereita. Froito dese traballo chegou o segundo. Alma (47′) aproveitou un barullo no área para colocar o 2-0 no marcador. Resultado que supostamente daba tranquilidade ao equipo pero a felicidade durou pouco. Catro minutos despois un centro chut de Lucía Blanco acababa dentro da portería ao non conseguir despexalo Aldara. O gol meteu ás visitantes no partido e xerase máis perigo que nos anteriores 60 minutos.

O empate chegaría no minuto 64′. Unha falta lateral executada por Uxía Romero maxistralmente superaba a Aldara, que non podía facer nada. A raíz do empate o equipo envorcouse ofensivamente xerando numerosas ocasiones pero o gol resistíase. Co tempo caso cumprido, no 80′, Antía saca un córner que peitea Victoria no primeiro pau e o balón acaba dentro da portería superando defensas e porteira. Primeira vitoria no estreo da Liga no Monte da Aira logo da derrota pola mínima no primeiro partido de competición.

Castro atento ao terreo de xogo.

“Os tres puntos son unha recompensa ao traballo da semana”

Diego Castro, adestrador EFF Rosalía Infantil

Ao remate, Diego Castro mostrábase moi contetno polo visto no campo: “No corpo técnico estamos moi contentos pola entrega e o bo facer do equipo na faceta defensiva, que era a asignatura mais importante a correxir. Os tres puntos son unha recompensa para todo o traballo que realizan as rapazas durante a semana”.

Check Also

O Lóstrego testará o nivel do Infantil

As azuis disputan o domingo a terceira xornada da Liga Galega Infantil en O Seixo …

Skip to content

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar