Orzán-Rosalía: A Cidade deportiva de Abegondo acolle o primeiro encontro de 2020.

As azuis, que encadean tres partidos invictas a domicilio, disputan a 8ª xornada de Liga (12:00h, Cidade deportiva de Abegondo).

Primeira proba do ano para a EFF Rosalía infantil, que se mide ao Orzán SD na Cidade deportiva de Abegondo nun partido correspondente á 8ª xornada da Liga galega Infantil Feminina – Liga Pizza Móvil (12:00 h, martes). As xoves azuis xogan a penúltima xornada da primeira volta do campionato co obxectivo de estrear 2020 con vitoria ante un rival que busca os puntos despois de empatar na derradeira xornada e situarse na táboa a un punto de distancia das nosas.

O equipo de Alba, cuartas na clasificación, busca encadear o seu cuarto encontro invicto a domicilio. Os últimos resultados fora do Monte de Aira saldáronse con triunfos ante Mos, Umia e Viajes Interrías. Para a cita de mañá, a técnica azul convocou a 16 futbolistas.

Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Silvia, Laura Añón, Marta Montes e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Ester, Cuquejo, Nair, Daniela, Lidia, Candela Bouzas, Aldarita, Cloe e Sheila.
Dianteiras: Sara e Nerea.

O rival
O Orzán SD está situado na terceira posición, con 16 puntos e un balance de cinco vitorias, un empate e unha derrota. As de Laura Mosquera gañaron en tres dos seus últimos cinco compromisos no campionato e no seu campo acumulan tres vitorias, sendo cos dous primeiros clasificados os únicos equipos invictos na casa.

Na previa Alba destacou as ganas das suas xogadoras por voltar á competición oficial despois do paro navideño e a vitoria o pasado sábado no Torneo de Reis da Milagrosa: “Voltamos á competición con moitas ganas ante un gran rival. Seguramente sexa un partido moi disputado para conseguir a terceira praza, pero ben seguro que nos servirá para seguir aprendendo e mellorando xuntas”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content