O noso conxunto senior é un exemplo de COMPROMISO

Exemplo de compromiso do equipo nunha das visitas máis complicadas para o noso recién creado clube e cas numerosas baixas cas que acudíamos.

O equipo comandado nesta ocasión por Alba Rodríguez acudiu á cita con 6 infantiles (4 delas de primeiro ano) á casa do líder, o cal chegaba a nosa cita con números de escándalo 7 xogados, 7 gañados 59 goles a favor e só 3 en contra. Pola contra o noso clube cas baixas de Alba, Sara e Zaira xogadoras moi importantes para o clube pola sua traxectoria.

Saimos de inicio cun equipo de 15 anos de media de idade, pero sin complexos para traballar por deixar a imaxe do clube o máis dignamente posible nun campo totalmente encharcado pola incipiente choiva…. o Pereiró tentou levar o peso do xogo en todo momento, pero encontrouse cun incómodo rival o que a pesar de vencer 4-0 (3-0 ó descanso) non vendeu en ningún momento barata a derrota.

Impresionante imaxe de compromiso a demostrada onte no Monte da Mina por unha novísima plantilla en idade, pero moi grande en orgullo e traballo no verde.

A próxima semana as nosas teñen xornada de descanso o cal lles virá moi ben para recuperar a lista de lesionadas á que onte uníuselles Sabela Meno cun problema nun xeonllo.

Seguide sentando as bases do noso futuro con esa ilusión… GRACIÑAS ROSALÍAS

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content