O Rosalía “A” líder en solitario e o Rosalía “B” vendeu cara a derrota

Nova festa do fútbol base feminino no Monte da Aira de Velle este pasado sábado. Nesta ocasión visitábanos o potente Valladares e repetía visita o Umia CF, nesta ocasión para enfrontarse o noso Rosalía “B” que para este partido presentábase diezmado por diferentes baixas.

O noso “A” tiña ante si a posibilidade de colocarse como líder en solitario da categoría en caso de vencer as nosas amigas do Valladares. Comezou ben o equipo de Alba xa que no primeiro minuto de xogo xa eran quen de porse por diante no marcador, pero o Valladares non se veu abaixo e na primeira parte púxolles as cousas difíciles as nosas que tiveron que empregarse a fondo e tirar do seu mellor xogo combinativo para levarse unha victoria que as coloca como líderes do grupo sur o ser o único equipo que venceu os tres primeiros partidos.

As nosas peques do “B” presentábanse con importantes baixas o encontro contra o Umia CF, inda así na primeira parte foron quen de plantar moita cara as suas rivais na que a xogadora máis destacada foi a porteira. Chegouse o tempo de lecer cun resultado moi apretado. Na segunda parte as nosas viñéronse algo abaixo físicamente e esto fixo que o Umia se levara a victoria ante as nosas.

A semana que ven dobre viaxe para os nosos equipos. O Rosalía “A” viaxa ata Ponteareas para enfrontarse o San Mateo e o Rosalía “B” viaxa ata Valladares para enfrontarse o difícil equipo local.

A seguir medrando!!!

Na sección “Fotografías” da nosa web podedes atopar galería dos dous partidos.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content