O noso promesas “B” perdeu no Monte da Aira fronte un grandísimo UD Mos

Nova fin de semana de compromisos oficiais para os equipos Promesas, ainda que a EFF Rosalía “A” tivo que aprazar seu partido fronte o Umia CF para o 28 de decembro.

O noso Promesas B foi entón o único equipo da liga promesas do noso clube que xogou este pasado domingo no Monte da Aira.

EFF Rosalía “B”-UD Mos
As nosas peques tiñan unha misión moi moi compricada ao recibir o invicto líder da categoría a UD Mos, que demostrou ser un grandísimo equipo. Porque os equipos grandes, ao noso parecer, non se miden polos seus resultados ou abultadas victorias, senon pola maneira de conseguir esas victorias e a UD Mos, a pesar da evidente superioridade futbolística co noso promesas “B”, respetou en todo momento ao rival xogando e deixando xogar e pasando os dous equipos unha hora de aprendizaxe e diversión co fútbol como medio. Ademáis á festa uniuse o sol de inverno que iluminou o partido nunha preciosa mañá de domingo.

Felicitar a UD Mos pola súa victoria, polo seu liderato e sobre todo por demostrar que o seu equipo promesas está en moi boas mans.

A próxima semana será xornada de descanso para ambos equipos ao non disputarse encontros da Liga Promesas.

 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content