Interrias-Rosalía: Cuquejo e Lidia remontan o gol das locais

Os goles de Cuquejo e Lidia dan tres importantes puntos á EFF Rosalía fronte o Interrías.

A EFF Rosalía infantil sumou tres importantes puntos na Lanzada e mantense nos postos altos da clasificación. A victoria foi tan traballada como sufrida, xa que as locais se adiantaron por medio de Uxía Moreno (62’) e defenderon moi ben a sua ventaxa ata os derradeiros minutos. A victoria fraguouse na parte final da segunda metade, na que se viron os dous goles da remontada.

As xogadoras de Alba Rodríguez comezaron moi frouxas, costáballes crear peligro e ter fluidez no xogo, a defensa, moi ben posicionada, do Interrías facía que as azuis xogaran moi precipitadas, sen ter unha idea clara de cómo superar o posicionamento táctico das rivais. Este platexamento fixo que na primeira metade non se moverá o marcador.

Os tres tantos na segunda metade
Trala charla no vestiario o equipo deu un paso cara adiante no xogo, pero sen alcanzar o nivel de anteriores compromisos. Abriron campo e as imprecicións disminuiron creando máis espazos na defensa rival pero os goles non chegaban. Minuto 62, xogada aillada no único achegamento das locais ao área de Valeria e gol de Uxía Moreno, 1-0. En vez de virse abaixo, as xogadoras de Alba non tiraron a toalla e con afouteza conseguiron nos últimos minutos de partido darlle a volta ao marcador e conseguir os 3 puntos máis sufridos do que levamos de tempada con gol de Cuque (75′) e outro de Lidia (80′).

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content