O primeiro de Liga de 2023

12h, A Gándara-Chaín: O conxunto azul quere comezar o ano a domicilio reencontrando o camiño do triunfo.

O primeiro partido de Liga e o primeiro despois de 35 días do 2023 será este domingo contra o Lóstrego de Gondomar. Posteriormente quedarán dúas xornadas en casa e outras dúas a domicilio para terminar a primeira fase, pero o ‘Infantil‘ quere xa reencontrarse co camiño do triunfo, abrir todo un ano e quitarse o mal sabor da Gandara-Valladares, encontro que terminou con empate sen goles no último encontro da tempada en 2022.

Con cinco vitorias e dous empates en Liga, a EFF Rosalía Infantil é segundo do campionato, cun punto máis respecto ao terceiro, o Valladares (cun partido menos). Lóstrego, pola súa banda, vive una temporada irregular. É quinto, con duas vitorias, e ten a dez puntos o acceso á fase título.

Os técnicos, Quique e Castro, citaron para o primeiro encontro do ano ás seguintes 16 xogadoras:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Esmeralda, Aline, Ainara, Miriam e Virginia.
Centrocampistas: Sabela, Andrea, Lucía Carral, Lea, Ainhoa e Alba.
Dianteiras: Candela Losada, Xiana, Sara e Sofía.

O encontro correspondente á décima xornada da liga Galega Infantil Feminina estará dirixido polo colexiado Raul Casal Almeida, do comité técnico de árbitros de Vigo.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content