Non hai tempo que perder

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete viaxa a Mos para enfrontarse á UD Mos en busca da primeira vitoria da tempada a domicilio.

¡Continúa a liga Galega Cadete! E á Escola de Fútbol Feminina Rosalía ‘Cadete’ tócalle viaxar a Mos para afrontar a 8.ª xornada de liga (sábado 7 de xaneiro, ás 16:00 horas). O conxunto azul, desexoso de seguir crecendo, poñerá todas as súas armas para loitar nun duelo que terá lugar no estadio das Baloutas.

O Cadete chega a este partido despois de empatar 2-2 ante o Sárdoma onde o equipo puido neutralizar en moitísimas ocasións o ataque rival. A pesar de non lograr a vitoria, as pontinas mostraron no campo un bo xogo e unha sólida defensa.

Alberto Tamayo, técnico azul, non poderá contar con Caride, que a semana pasada recibía a mala noticia da súa grave lesión. Esta Baixa, unida a de algunha compañeira mais, motivou que varias xogadoras do Infantil entren na convocatoria do Cadete. A convocatoria do técnico está composta polas seguintes xogadoras: Paula, Lucía Novoa, Alama, Noa, Miriam, Aitana, Sara, Candela Losada, Antía, Nair, Irene, Xiana, Sanmiguel, Candelita, Sabela e Clau.

O duelo estará dirixido pola colexiado Juan Carlos González, do comité técnico de Vigo.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content