Tobaruela: “Eu planteo os partidos para gañalos”

“Espero un partido duro”, dixo o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día do último adestramento previo ao partido contra o Santo Mateo, que se xogará no campo de O Cruceiro (domingo, 16:00 h; San Mateo): “O rival que nos toca esta semana, San Mateo, ademáis de ser un rival complicado, dase a circunstancia que temos que xogar na sua casa. Un campo de herba-terra, un chisquiño complicado, non. Ademais, este ano o San Mateo está facendo unha boa tempada, creo que vai ser un partido dos que gusta xogar”.

“Espero un partido duro no sentido de que este ano temos a grande sorte de que cada vez hai equipos que ofrecen moita mais… están mellor adestrados, que compiten mellor e iso non nos vai coller de novo. Ademais, acabas de comentar que o San Mateo experimentou un cambio moi notable, pero o Rosalía está experimentando un cambio non notable, senon sobresalinte e non chegamos ao noso teito. A min as xogadoras estanme a sorprender positivamente porque hai, non unha nin duas, senon catro, cinco, seis xogadoras que deron un salto de calidade moi grande, individualmente como en equipo. Estou moi tranquilo no sentido de que elas saben o que teñen que facer, o grado de esforzó que teñen que facer porque xa se están curtindo ao nivel de esixencia do contacto, da competición e competir e nese sentido medraron tamén moito”.

Efecto campo
“O campo sempre influe directamente ou vai en contra se está en peores condicións, dos equipos coma o noso que gusta do balón, que gusta do control do balón e creo que eso vai ser un punto na nosa contra, pero creo que vai ser un partido que estamos capacitadas para sácalo adiante e o digo por dous motivos, o primeiro porque neste parón de festas nós mantivémonos activas cun gran compromiso das xogadoras e segundo porque esta semana están adestrando moi ben, temos asimilados moitos conceptos, temos traballadas moitas variantes e creo que podemos resolver os problemas que nos poñan enriba do céspede de herba as rivais. Confio moito no noso equipo”

“Preparamos os partidos sen esquecer o noso modelo de xogo, adaptandóo tamén ao que nos imos a atopar no campo”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Resultados contra outros rivais
“Os resultados dun equipo contra outro equipo, xogues contra min ou xoguen contra outro equipo, nunca son unha referencia. No punto de vista da estratexia, por exemplo o Porriño, que foi o último que nos visitou, os equipos nos empezan a coñecer e preparanse os partidos xa en virtude dos rivais, polo menos eu é o que fago. Hai equipos que diante doutros equipos corren mais riscos, pero diante de nós non van correr ningún risco, co cal, elas seguramente saben ao que xogar, intentarán sair pechadas, intentarán levar o xogo ao seu rego no sentido de que as suas xogadoras de medio campo xogan moi ben, pero nos tamén sabemos esas cousas, nos tamén adaptámonos a esas circunstancias e preparamos os partidos sen esquecer o noso modelo de xogo, adaptandóo tamén ao que nos imos a atopar no campo. De feito, imos sair cun sistema de xogo que xa practicamos e que creemos que nos vai a ir perfecto para este tipo de rival”.

Parón navideño
“De punto de partida, todos temos as mesmas circunstancias cando hai un parón deste tipo e o punto diferencial está no grado de implicación de cada equipo a nivel de adestramentos. Nós cumplímolo, nós fixemos adestramentos como tíñamos que facer según a programación e creo que ese pode ser un bo punto de partida. Elas tamén estiveron paradas, non sei se adestraron ou non adestraron, é moi fácil no sentido de deixarse ir porque son festas e as rapazas, as familias teñen compromisos e é moi fácil dicir, pois hoxe non se adestra. Nós non caimos nesa tentación e o compromiso das rapazas de que non viñeron cinco ou seis, senon adestramentos cun número de rapazas moi grande e iso repercute no bo funcionamento do equipo. O punto de partida é alto nese sentido, o parón vai afectarnos a nós e vai afectar a elas seguro”.

Vitoria importante
“Non quero que se malinterpreten as palabras, pero eu sempre saio a gañar. Eu planteo os partidos para gañalos e, entón, pode darse a derrota, o empate, pero sairemos a gañar, a controlar o partido co balón e traer os tres puntos. Pola miña cabeza non pasa outra cousa que iso, entón, respetando que o rival poda poner as cousas difíciles, elas van ter que currar moitísimo se queren gañárnos. Eu sempre lle digo as xogadoras que quen quera gañarvos vai ter suar moito e un feito está que soamente encaixamos dous goles esta tempada e un deses goles serviu para perder un partido, que esas circunstancias tamén se dan, poden marcarte un gol e perder un partido. Son datos obxetivos e eso mais o traballo que vimos facendo e a realidade dos adestramentos dinme que polo menos temos moitas oportunidades de gañar o partido porque xa cremos que o podemos gañar, que eso é o importante”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content