Victoria-Rosalía: A divertirse no último partido da 2ª Fase

Unha vez asegurado o primeiro posto do Grupo 3º e asegurada a participación na fase Final da Liga Infantil Galega, as azuis viaxan A Coruña sen presión. 

Logo da vitoria fronte ao Atlético Arousana no Monte da Aira na penúltima xornada, as infantís asegúranse o primeiro posto e viaxan A Coruña sen presión e co obxectivo cumprido (16:30h, Victor Fernández Alonso). Malia xogarse ser un dos mellores primeiros e así enfrontarse ao mellor segundo dos tres Grupos na semifinal da Final a catro, as xogadoras dirixidas por Vane Abadín non queren meterse presión e aproveitarán o partido para dar minutos ás menos habituais.

A adestradora mostrouse clara na previa cos medios do club: “Coa tranquilidade que nos dá o primeiro posto o noso obxectivo vai ser facer un bo xogo, sentirnos cómodas no campo e prepararnos para a fase final”. Ese parece o obxectivo dun equipo no que moitas das suas integrantes xa formaron parte do persoal subcampión da primeira edición de Liga Promesas Feminina Galega.

16 xogadoras conforman a convocatoria que viaxará o sábado a Coruña:
Porteiras: Aldara e Valeria.
Defensas: Silvia, Lucía Pérez, Laura Añón, Lucía Novoa e Noa Sanz.
Centrocampistas: Sara Bonjoch, Nair, Candela Currás, Cuquejo, Sara Rodríguez, Ester e Candela Bouzas.
Dianteiras: Victoria e Candela Sanmiguel.

Para a técnico é “importante que todas as xogadoras teñan os seus minutos e sexan partícipes tanto nas vitorias como nas derrotas. Obviamente non todas xogan o mesmo porque somos moitas pero creo que seguimos a mesma linea á hora de convocar para os partidos, cousa que volveremos facer neste”.

Victoria
O equipo dirixido por Adrián Sardiñas chega ao partido logo de lograr a vitoria no campo de fútbol de Berdón a pasada xornada e apurar as súas opcións de clasificarse á fase final como mellor segundo. Para iso deberá lograr os tres puntos ou non recibir ningunha tarxeta en contra. O balance das coruñesas na segunda fase é de 2 vitorias e 1 derrota, o partido da primeira volta fronte e as azuis.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido