Comunicado oficial: O noso escudo nas piscinas de Oira

A noticia causou moita alegría a todos os estamentos do club, que en todo momento colaboraron en todo o necesario para que se fixese realidade.

O escudo xa pode verse no fondo da piscina.

Este verán as piscinas exteriores de Oira estrearán unha nova decoración nos seus fondos. O Concello Municipal de Deportes de Ourense confirmou ao noso club que o escudo da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía xa está instalado nos fondos dunha das piscinas, mentres que na dos nenos poderase ler o nome da escola.

Coa vontade de seguir innovando, o C.M.D. de Ourense ao coñecer que os nosos equipos disputaban os seus partidos nas instalacións municipais de Oira, tomou a decisión de homenaxear ao único club pontino que disputa competicións autonómicas en todas as súas categorías e, que mellor xeito, que colocar o seu escudo na instalacións de baño situadas á beira do campo. As obras, que comezaron hai unhas semanas, remataron nun tempo récord e xa se poden ver as cores do Rosalía a pesar das choivas caídas os derradeiros días.

Aspecto que presenta a piscina dos mais cativos.

Para o club “Non só é un honor que o noso escudo estea en lugar tan emblemático, onde miles de ourensáns e, por suposto pontinos, pasan moitas horas de lecer nos calurosos veráns da nosa cidade”, declauro o presidente ao coñecer a nova que tivo que manter en segredo ata a sua remodelación.

A partir de agora nestas piscinas, ademais de gozar do baño, tamén terás a sensación de sobrevoar sobre o noso escudo ou facer un “Jesús Gil”, é dicir, aquelas famosas fotos do presidente do Atlético de Madrid no borde da súa piscina co escudo do club.

En declaracións “exclusivas” a nosa web, o presidente do CMD, Don Mario Guede mostrouse moi orgulloso de tal obra: “Es todo un orgullo, como presidente del CMD y pontino, tener el honor de que tal hecho se halla hecho realidad. La EFF Rosalía, como club pontino no podría tener mejor homenaje. Cada día que paso por la instalaciones de Oira y veo a esas niñas en ellas siento una gran satisfacción al ver crecer las raices de un club que siempre será y pertenecerá al Puente. Cada ciudadano tiene la necesidad de identificarse con unos colores, un club y que mejor manera de que los pontinos volvamos a tener esos sentimientos con la Escuela de Fútbol Femenina Rosalía“. Pola súa banda, os representantes do PSOE no CMD, xa declararon que no seguinte pleno van solicitar unha auditoría da obra. Cándido Gómez, administrador do CMD, non quixo facer declaracións e que soamente se manifestará no caso de que a pregunta do PSOE sexa aprobada no seguinte pleno do Consello Municipal de Deportes. Desde o BNG pensan que se quedaron curtos no proxecto: “Solicitaremos que ademais do escudo da EFF Rosalía, os vestuarios das piscinas sexan decorados con poemas de Rosalía de Castro e os nomes de todas as xogadoras do club. Parécenos o mellor xeito de honrar á máis importante poetisa galega xunto a todas as nenas que visten as cores de tan importante escola”.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content