O noso equipo iniciará o campionato visitando ao Mos ‘B’ o 24 de setembro (horario por determinar).
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía xa coñece o calendario da Liga 2023-24. O conxunto de Tamayo arrincará a competición no Grupo 2 a domicilio fronte ao Mos ‘B’ o 24 de setembro (horario por determinar). O equipo concluirá o campionato regular medíndose ao Calo tamén a domicilio a fin de semana do 18 e 19 de maio.
Os derbis contra o Arenteiro terán lugar na xornada 5 en casa (22 de outubro; 12:00h*) e na xornada 20 a domicilio (24-25 de febreiro). O calendario é simétrico, polo que a orde dos partidos da segundo volta non cambia respecto ao da primeira. Acabada a fase regular, cuxo calendario completo acaba de publicar a Real Federación Galega de Fútbol, o primeiro clasificado logrará o ascenso directo, mentres que os dous seguintes clasificados pasarán a disputar a fase para ascender a primeira, loitando o segundo e terceiro de cada grupo en eliminatorias directas. Pola súa banda, os tres últimos descenderán a terceira división.
CALENDARIO DE LA LIGA 2023/24 DE LA EFF ROSALÍA
1ª VOLTA | PARTIDO |
J. 1 23/24 de Setembro | UD Mos ‘B’-EFF Rosalía |
J. 2 1 de Outubro (12:00h)* | EFF Rosalía-Cacheiras SD |
J. 3 7/8 de Outubro | CD Pontellas-EFF Rosalía |
J. 4 15 de Outubro | EFF Rosalía-SD Chantada |
J. 5 22 de Outubro (12:00h)* | EFF Rosalía-CD Arenteiro |
J. 6 28/29 de Outubro | Viajes InterRías ‘B’-EFF Rosalía |
J. 7 1 de Novembro (12:00h)* | EFF Rosalía-SD Touro |
J. 8 4/5 de Novembro | SpC San Mateo-EFF Rosalía |
J. 9 12 de Novembro (12:00h)* | EFF Rosalía-Victoria FC ‘C’ |
J. 10 18/19 de Novembro | Praiña SpC-EFF Rosalía |
J. 11 26 de Novembro (12:00h)* | EFF Rosalía-SD Xuventú de Aguiño |
J. 12 2/3 de Decembro | EFM Concello de Boiro-EFF Rosalía |
J. 13 10 de Decembro (12:00h)* | EFF Rosalía-Porriño Industrial |
J. 14 6/7 de Xaneiro | SD Puentearnelas-EFF Rosalía |
J. 15 14 de Xaneiro (12:00h)* | EFF Rosalía-SR Calo |
Esta é pois a folla de ruta dun senior que continúa traballando de face precisamente a este inicio de competición, exercitándose esta semana de luns a venres e disputando un amigable fronte a Tomiño o sábado ás 18.00 horas no Municipal de O Alivio, penúltimo compromiso da pretemporada.