A EFF Rosalía, que aínda non puido estrear o ano a domicilio, visita o San Pedro de Nigrán na xornada 13 (18:00 h, domingo).
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta hoxe no Municipal de San Pedro o seu primeiro partido do ano fora da casa logo de adiarse a súa primeira viaxe a Porriño. O terceiro da Liga mídese ao Vilariño na xornada 13 do campionato (18:00 h) coa intención de iniciar a domicilio 2022 con vitoria e dar continuidade a unha dinámica que lle permitiu enlazar 7 encontros invicto (6 triunfos e un empate).
Os números do noso equipo a lexos do Municipal de Oira falan da súa excelente tempada. Son xa 2 as vitorias oficiais que encadenan as pontinas e 4 os partidos consecutivos nos que viron porta fóra de casa. Ademais, o Rosalía é o terceiro mellor visitante do campionato cun balance de 2 vitorias, 1 empate e 1 derrota, con 10 goles a favor.
“A ida foi un partido completamente diferente. Todos os equipos están en continuo crecemento e, do mesmo xeito que nós non somos as mesmas, sabemos que elas tamén cambiarían”, indicou Saa na roda de prensa previa ao encontro, que será preambulo do que a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afrontará quince días fronte ao líder Mos ‘B’. Na convocatoria do técnico catalán non falta Ana Seguín, pichichi do equipo con 13 goles. En caso de sumar mañá un tanto máis, a ourensá alcanzaría o cuarto partido consecutivo anotando en Liga. Na parte negativa, Lidia causa baixa de última hora, sendo sustituida por Isis na lista de 16.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Bea, Sequeiros, Noa Domínguez, Sabela, Isis e Paqui.
Centrocampistas: Ainara, Aldarita, Noa Fírvida, Fara, Ester e María.
Dianteiras: Noui, Zaira e Ana Seguín.
O rival
O Vilariño venceu a Gondomar na última xornada que disputou (0-1) e encadena un mellor balance a domicilio que en casa en Liga: unha vitoria e tres derrotas. Antonella e Raquel, con 3 tantos cada unha, son as máximas goleadoras na competición dun equipo que arrinca a xornada na oitava posición. O partido cruzará dous rachas. Os locais perderon en tres dos catro últimos encontros en casa (1 vitoria e 3 derrotas) e as de Saa enlazan unha vitoria e un empate oficiais a domicilio a falta do partido frente ao Porriño Industrial.
O encontro dará comezo a partir das 18.00 horas no Municipal de San Pedro co beneplácito do colexiado do Comité Técnico de Árbitros de Vigo Juan Manuel Reñones Lema. Cabo recordar que o duelo da decimoterceira xornada na 2ª División Autonómica Feminina poderase seguir a través das redes sociais da entidade.