Saa: “Hai que gañar e convencer porque é o que toca”

“Non pensando máis aló”, engadiu o técnico.

Miguel Saa compareceu nunha roda de prensa telemática na sede do club ante os medios de comunicación na previa da segunda xornada da segunda volta fronte ao Racing de Vilariño (domingo, 18:00 horas; Municipal de San Pedro). O técnico dixo: “Viaxamos con todas as ganas do mundo para tratar de conseguir os tres puntos e acalar un pouco ese ‘rumrum’ sobre o mal xogo do último partido e demostrar que só foi cansazo e o equipo segue nunha liña ascendente”.

“A ida foi un partido completamente diferente. Todos os equipos están en continuo crecemento e, do mesmo xeito que nós, non somos as mesmas, sabemos que elas tamén cambiarían”.

Primeiro partido a domicilio do ano
“Poderíase dicir, aínda que o día que fomos locais en Paderne case se pode considerar como xogar fóra de casa, polo cal non vainos a servir de escusa”.

“Hai que gañar e convencer porque é o que toca”

MIGUEL SAA, adestrador EFF Rosalía Senior

Gañar antes de recibir ao líder
“Nin sabiamos que para a semana xogamos contra Mos. Hai que gañar e convencer porque é o que toca, non pensando máis aló. Ademais, pode haber adiamentos, ou pasar calquera cousa”.

Lesionadas
“De momento estamos coa única baixa de Yadira e si non xorde nada novo teremos ás outras 19 dispoñibles para ser citadas”.

Bea, a primeira no once de Fica Coa Bola
Bea, do mesmo xeito que o resto estano facendo moi ben e todo o que sexa dar visibilidad ao club e ao fútbol feminino parécenos un premio, que neste caso é individual, pero sabemos que ao final que se cite ao Rosalía é un premio para todas”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido